O BNG interpela ao goberno polo desemprego no sector naval e reclama un cambio de rumbo na súa política industrial

Viéitez afirmou que “decisións políticas erráticas do PP” provocan   que o sector naval viva “un declive”  a pesar, de  ser estratéxico e contar con persoas “altamente cualificadas” 

Santiago de Compostela, 9  de xaneiro de 2011.Pleno. O portavoz    de política laboral e industria do BNG, Henrique Viéitez interpelou hoxe, en sesión plenaria, ao Goberno galego sobre a actual situación de crise que padece o sector naval galego.

Na súa intervención, Viéitez reclamou “liñas para  refinanciar a débeda do sector” porque de non ser así -dixo- “moitas empresas se verán obrigadas a pechar as  portas definitivamente”.

Viéitez acusou ao Presidente da Xunta de Galiza de someter a todos os galegos e galegas a unha “carreira desenfreada” cun incremento de desemprego de  246.000  desempregados dos que 37.000 pertencen ao sector industrial e por extensión ao naval.

O sector  cae en carga de traballo

O deputado do BNG asegurou que no sector naval produciuse unha caída de produción en Galiza de -9,4 mentres  no Estado español creceu 0,5 e observamos –afirmou- como “no  ano  2008 a carga de traballo se situaba no 66%, en  2009 no 58%, no 2010 nun 40% e a previsión para o ano 2011 será dun 21%”, datos  que o Conselleiro de Industria, Javier Guerra non puido negar aínda que confía en que a tendencia mude.

Neste sentido, Viéitez lamentou que a resposta do conselleiro, a estes datos ,se limitara a “agardar  a que a  situación cambie” e o sector naval recupere a actividade ao que o deputado do BNG respondeu cun consello: Nuñez Feijoo e o seu goberno  “deberían imitar ao anterior Conselleiro de Industria” que conseguiu colocar a Navalia como un centro de  referencia do sector naval galego.

O PP silencia a realidade laboral do naval

O deputado do BNG criticou que o Conselleiro de Industria non fixera referencia, na súa intervención, ao Centro de Reparacións do Naval da ría de Vigo o que –en opinión do nacionalista- responde á “ unha situación crítica” da que o PP non quere falar pero no BNG sabemos –dixo- que “en Barreras traballan 740 traballadores que no mes de xuño serán  300 e a finais de ano só 140” e engadiu que esta realidade laboral  é extrapolable a Metal Sips, Vulcano, Freire ou Navantia.

O BNG pide un cambio de rumbo na política industrial
 
Finalmente, o deputado do BNG reclamou un “cambio de rumbo na política industrial e naval galega” para que as  malas previsións  non se confirmen e Galiza poida ter máis carga de traballo no 2011 porque polo momento, todo indica que  será dun 21%  na contratación xa que o resto foi destinada   a outros lugares.

Viéitez rematou reiterando a  urxencia de recuperar a reparación e transformación como segmentos fundamentais no sector naval que permitirán enfrontarse  ao momentos difíciles que se presentan.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]