Aymerich: “Feijóo segue ausente mentres Galiza lidera o paro, un tercio dos mortos nas estradas son galegos e a caixa corre o risco de desaparecer"

O portavoz do g.p do BNG acusou ao Presidente da Xunta de permanecer “ausente” ante os problemas que afectan a Galiza, avalar tránsfugas nas listas electorais e non aplicar o código ético aos  alcaldes imputados na Costa da Morte


Santiago de Compostela, 7  de febreiro de 2011.  O portavoz do g.p do BNG, Carlos Aymerich acusou hoxe, no transcurso da rolda de prensa posterior á reunión do grupo parlamentario, que  o Presidente da Xunta é o seu goberno “ seguen desaparecidos” dos graves problemas que afectan a Galiza.

Aymerich afirmou que “Galiza lidera a destrución de emprego no conxunto do Estado” e dende que Núñez Feijoo goberna “producíronse 40.000 parados e paradas máis e 70.000 empregos destruídos en Galiza” e descoñecemos -dixo- “que medidas vai tomar o goberno para resolver este problema e se realmente lle preocupa” o máis ben prefire seguir co “canto peor mellor” para culpabilizar desta situación ao Goberno español.

O portavoz do BNG asegurou que a Xunta está a incrementar o número de despregados porque a Xunta promove expedientes de regulación de emprego como o da empresa SEAGA e –na súa opinión- “esta non é a maneira de crear nin protexer o emprego existente ”.

Feijóo ausente  do proceso da Novacaixadegalicia

Por outra parte, tamén reiterou a ausencia do Goberno galego na política das caixas das que dixo “Feijoo practica unha política de feitos consumados” que   responde “ao pacto entre PP e PSOE, a nivel de estado, para rematar coa capacidade de decisión en Galiza en materia financeira”.
 
Neste sentido, avanzou que o Bloque Nacionalista Galego reclamará  que Galiza non  agarde ao decreto  porque –explicou- “sabemos que vai ir na liña de privatizar e deslocalizar as caixas galegas” e cumpre tomar a iniciativa para defendelas e para iso, a posición de Galiza “non debe estar subordinada” ás decisións que se tomen en Madrid porque de seren así, “as caixas desaparecerán e o 50% destinarase á banca privada”.

 Aymerich tamén se  referiu a actual directiva que está a negociar o futuro da nova caixa galega da que dixo “os que agora reclaman transparencia deben explicar como pactaron para que os vellos directivos segan dirixindo a nova caixa” porque agora debe decidir Núñez Feijoo e non “Gayoso, Mauro Varela ou Fernández Moreda”.

O deputado nacionalista non escatimou críticas as últimas detencións producidas nos concellos da Costa da Morte e afirmou que  “nin Núñez Feijoo nin o seu goberno están actuando no caso dos alcaldes do Partido popular  imputados  por delitos graves” a pesar, de que  existe un código ético no PP  que se refire a “separar e apartar” aqueles cargos que sexan  imputados.
 
Aymerich reiterou  que o Goberno galego non cumpre a lei de transparencia nas retribucións nin nos intereses  e amosou as súas dúbidas sobre sobre  o nomeamento do Xefe territorial de Política Territorial en Pontevedra “ocupado por un  promotor inmobiliario”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]