O BNG Interpela ao Goberno galego polo cambio de sistema no control do gando bovino


Os deputados do BNG, Tereixa Paz e Fernando Blanco preguntan polas razóns do cambio dun modelo que dende 1998 amosou a súa efectividade

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2010. Os deputados do BNG, Tereixa Paz e Fernando Blanco interpelarán ao Goberno galego pola posta en marcha dun novo modelo de identificación e rexistro do gando bovino  que elimina o servizo público de veterinarios colaboradores.

Para os deputados nacionalistas, o actual sistema ten amosado unha grande efectividade no control sanitario do gando así como a garantía da trazabilidade e unha boa relación entre gandeiros e veterinarios como demostrou o rexistro, onte no Parlamento galego, de máis de 10.000 sinaturas contra o sistema que Consellaría do Medio Rural puxo en marcha.

Os deputados do BNG aseguran que o argumento deste cambio é o custe económico pero “ningún estudo acreditou este feito”  e o cambio de modelo enviará ao paro a máis de 100 veterinarios.
Paz de Blanco cuestionan o novo modelo e preguntan que garantías aporta o novo e  como pode afectar á produción cárnica galega.

Lembrar que onte o Partido popular rexeitou unha Proposición non de lei defendida polo BNG que reclamaba manter o actual modelo de identificación e control do gando.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]