O BNG amosa o seu malestar polo aprazamento na mesma semana dunha pregunta sobre a promoción das liñas de baixo coste

Santiago de Compostela, 12 Novembro 2010.-  A deputada do g.p do BNG Carme Adán amosou a súa “sorpresa” e “malestar” polo aprazamento da iniciativa que tiña que defender hoxe en comisión, sobre a política do goberno en 2011 para a promoción de liñas aéreas de baixo custe, mentres o presidente da Xunta facía declaracións na Coruña sobre o acordo acadado entre Vueling e este concello.

Carme Adán ironizou coa “casualidade” de que o goberno adiara este debate dúas veces na mesma semana, aprazando a pregunta de hoxe e outra semellante que tiña que terse debatido en pleno, “coincidindo co momento no que Núñez Feijóo está a ser cuestionado por negociar con Vueling fóra do Comité de Rutas”.

Para a deputada é, cando menos, unha falta de respeto ao Parlamento e tamén unha “tomadura de pelo política” que se evite o debate na Cámara e se agoche así que o que tiña que ter feito Feijóo: propor un Plan completo no Comité, non fóra del.

Carma Adán considera tamén unha provocación que mentres se silencia este asunto na Cámara e Feijóo salienta as bondades de Vueling, declare ao mesmo tempo que o Comité non ten rematados os seus traballos, “en vez de poñerse ao frente dos mesmos”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]