O PP rexeita unha iniciativa do BNG na que reclamaba medidas contra a crise das explotacións lácteas

Tereixa Paz reclamou unha axuda directa mínima  de 5 céntimos por litro así como o retorno do liderado de Galiza nas negociacións  do sector lácteo

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2010.-Pleno. A portavo

  de Agricultura  do g.p do BNG, Tereixa Paz  reclamou hoxe, en sesión plenaria, medidas á Xunta de Galiza para facer fronte á grave situación das explotacións lácteas.
Na proposta nacionalista figuraba a petición de establecer unha axuda directa das explotacións lácteas en situación máis crítica que complementaria  durante os próximos meses a produción e perdas fixando unha cantidade mínima de 5 céntimos por litro. 

Entre as medidas defendidas polo BNG tamén solicitaba intensificar os controis e as inspeccións para determinar a utilización do leite como produto reclamo e incoar expedientes  para depurar posíbeis responsabilidades.

O conselleiro de Medio Rural segue sen   pronunciarse

Para Tereixa Paz, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez permanece como “mero espectador”,  cando a súa obrigación -dixo- é “presentar medias ante o Ministerio de Medio Rural e a Comisión europea en defensa do sector lácteo”.

 Na súa intervención, Paz tamén  criticou que o Goberno galego faga “bandeira” dun plano estratéxico  aprobado hai un ano e que non ten contribuído a mellorar as condicións das explotacións nin aos dos produtores e preguntoulle ao titular de Medio Rural con que orzamento conta este plan se nos orzamentos do 2011 “non existen partidas”.

O PP defende un plan estratéxico sen recursos

Tereixa Paz cualificou de “cinismo político” manter un plan sen recursos e afirmou que o Partido popular “non aposta pola industria agroalimentaria” xa que rebaixa as axudas nun 40%”.

A deputada do BNG acusou ao PP de renunciar ao liderado galego na produción leiteira e lembrou que no mes de setembro o prezo do leite situábase en 29 céntimos, cantidade inferior á media do Estado español e Europa o que está a provocar que os produtores acumulen grandes perdas, mentres “a Xunta no 2010 non estableceu ningunha medida pero si fixo moita propaganda”.

Desleixo de Samuel Juárez coa Cámara galega

Tereixa Paz criticou que o Conselleiro de Medio Rural non defina na Cámara galega a posición da Xunta, os obxectivos e actuacións   co sector lácteo  e respondeulle á portavoz do PP, Isabel García Pacín que “  os produtores galegos levan máis de 20 meses vendendo o leite por debaixo dos custes de produción” e engadiu que o Goberno galego “por sectarismo” negouse  a impulsar o  contrato homologado que permitía que todos os gandeiros tiveran o mesmo prezo.

Para a deputada do BNG, o conselleiro Juárez, eludiu pronunciarse sobre os debates europeos sobre o fin das cotas lácteas para o 2015 pero dixo que  despois de moitos meses de lexislatura non é de estrañar porque forma parte do seu “modus operandi”.

A moción defendida pola deputada nacionalista foi rexeitada  g.p do Partido popular.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]