Tereixa Paz lamenta que tamén en Agricultura se aplique o "catecismo" dos "orzamentos socias" cando sofre dos maiores recortes

Santiago de Compostela, 28 Outubro 10.- A deputada do g.p do BNG Tereixa Paz lamentou hoxe en comisión que o conselleiro de Agricultura repetira o “catecismo do goberno e do PP”  á hora de presentar as contas para o seu departamento para o próximo ano e asegurou que a leitura realista das cifras demostran que esta Consellería non é unha prioridade para o actual Executivo.

Tereixa Paz xustificou as súas afirmacións non só no montante global dos recortes que padece esta sección, dun 20,62 por cento, senón tamén porque esta Consellería sofre unha rebaixa dun 2 por cento máis que as restantes, malia o seu papel para incidir na economía do País.

A deputada advertiu ao conselleiro de que pode repetir todas as veces que queira e disfrazar de “lagarterana” se quere estas contas, pero o que constatan é cal é a súa verdadeira preocupación por incentivar a economía, apoiar os sectores produtivos do País e saír da crise.

A parlamentar lamentou que ademais de presentar unha redución tan importante de partidas fundamentais tamén se renuncie a buscar compensación vía os fondos Feder e acusou a Samuel Juárez de “cortedad de miras” por non suplir as rebaixas orzamentarias reclamando 170 millóns de euros a través do financiamento europeo.

Paz denunciou especialmente que con estas contas se constate a liquidación definitiva do Plan de Infraestructuras no rural (60 millóns de euros menos que se van adicar ás obras de infraestructuras no rural e concentracións parcelarias), o que deixa aos concellos sen unha ferramenta fundamental, e das políticas de prevención de incendios, pois se recortan drasticamente partidas para ordenación de produción forestal (un 47  por cento)  e para a colaboración cos concellos para tareas desta índole, 60 millóns de euros menos que se van adicar ás obras de infraestructuras no rural e concentracións parcelarias

Asemade, a deputada preguntou onde está o apoio ao sector lácteao ou ao sector do viño e recriminou que pola porta de atrás, vía Lei de Acompañamentos, definitivamente se poña fin ao Bantegal, “mais non tivo valentía para facelo doutro xeito”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]