O conselleiro de Educación confirma en resposta ao BNG o traslado do centro de ensino de secundaria de Celanova

Santiago de Compostela, 14 Outubro 10.Pleno- O deputado do BNG, Alfredo Suárez Canal acusou hoxe, ao Conselleiro de Educación de “poñerse ao fronte para desaloxar un centro de ensino en Celanova que será convertido nun hotel”.

O deputado do BNG pediu “un si ou un non ao conselleiro de Educación” na súa resposta sobre a posibilidade do cambio de ubicación deste centro para tranquilizar ao pobo de Celanova e valorizar o investimento público no claustro do Poleiro.

Pola súa parte, o titular de Educación afirmou que o traslado se realizará por criterios educativos ao que o parlamentario nacionalista respondeu que “temos un patrimonio cun uso educativo e o conselleiro de Educación que nega comedores escolares e non universaliza o dereito aos libros de texto gratuítos, está disposto a gastar recursos nun novo centro de ensino en Celanova  cando na actualidade está ubicado no que reúne todas as condición necesarias”.

Suárez  Canal cualificou de “lamentable” a intervención do Conselleiro de Educación que respondeu desta maneira ao  cambio de ubicación do instituto de Celanova nunha parte do Mosteiro desta localidade e que cumpre unha función educativa nunha ubicación- ao seu xuízo- “ moi nobre”
 
O deputado do BNG  concluíu afirmando  que  as aulas deste centro foron  convenientemente adaptadas e  foi necesario investir moitos recursos públicos, mesmo nun polideportivo xa rematado  e rexeitou que sexan razóns educativas as que obriguen ao centro a  cambiar a súa ubicación, máis ben, parece –dixo- “que responden a motivos que posibiliten a construción dun hotel e faise necesario o desaloxo deste centro de ensino”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]