Pontón: “O PP retira a subvención ao Noitebús para condenalo á súa desaparición"

Santiago  de Compostela, 14 de outubro 10. Pleno.-A portavoz de  mocidade do g.p do BNG, Ana Pontón defendeu hoxe, na Cámara galega, o mantemento do servizo do Noitebús ante o anuncio do Goberno galego de retirarlle a subvención que o conduce a  súa desaparición.


Pontón afirmou que a  proposición non de lei do BNG  reclama que este servizo continúe en uso porque   “é necesario e está xustificado” á hora de previr accidentes nas estradas galegas, sobre todo nas fins de semana pero o Partido popular  votou a súa eliminación.


Pontón considerou que a prevención de sinistros de tráfico “debe ser unha prioridade para calquera goberno”  e con maior incidencia naqueles segmentos da poboación que os padecen como no caso da xente nova, “reducir estes accidentes é unha prioridade con crise o sen ela”- aseverou-.
O PP defendía na oposición o Noitebús e no Goberno eliminao.


Ana Pontón cualificou de “surrealista” que o PP manteña que este medida foi impulsada por Manuel Fraga cando nesa etapa non había ningunha liña é só existía a modificación dun decreto para poder  habilitar o Noitebus.Polo tanto, –dixo- “esta é a rigorosidade coa que vostedes  tratan este tema”.


Pontón lembrou  algunhas das iniciativas,  a prol do Noitebús,  que o PP defendeu cando estaba na oposición, e referiuse aS declaracións do actual Conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández nas que afirmaba que ”este servizo  contribúe a salvar vidas” pero agora se nos di que 4. millóns de euros “é un despilfarro” cando no ano 2010 a Xunta gastará  máis en publicidade ou na visita do Papa.


Ana Pontón tamén aludiu a deputada do PP, María Seoane na súa etapa de Presidenta de NNXX de Galiza  na que o Noitebús  parecíalle “insuficiente” e debería incrementar as súas liñas.


A deputada rexeitou que este servizo sexa “adicional” como afirmou o Presidente da Xunta e  cualificou de “irresponsabilidade” que se  cuestione a utilidade dun  servizo utilizado por máis de  400.000 usuarias e usuarios e avalado polos expertos en seguridade viaria.


Protesta da mocidade no Pazo do Horreo


Mentres se debatía a proposición non de lei do BNG, un numeroso grupo de mozos e mozas  de Galiza Nova manifestaba o seu rexeitamento á eliminación do Noitebús e lamentaban que  desapareza unha servizo que conta cun “amplo respaldo social e contribúe a diminución de accidentes de tráfico entre a mocidade.”

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]