Davila pregunta ao Goberno se é certo que non levou á UE unha proposta concreta sobre o Tax Lease
Madrid, 21 Marzo 2012. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na que pregunta ao Goberno se é verdade que non presentou na UE unha proposta concreta sobre o Tax Lease, tal e como denuncia a patronal naval.
Davila traslada ao Goberno a denuncia da patronal do sector naval que denunciou que “o Goberno non presentou en Bruxelas a proposta oficial”, engadindo que “España non presentou nengún documento alternativo ao Tax Lease, e os representantes españois se limitaron a negociar até este momento”.
Son certas estas informacións?
Razóns polas que a deputada do BNG pregunta ao Goberno se “é certo que o Executivo aínda non presentou ningunha proposta concreta ante a UE sobre a paralización do Tax Lease”. “É verdade que o Goberno non levou á UE ningunha proposta concreta que poida substituir ao sistema fiscal que se coñece como Tax Lease e que sexa similar ao de Franza?”.
A deputada do BNG sinala que as afirmacións da patronal do sector naval son producto da xunta que mantiveron en Bruxelas con responsábeis do Gabinete do Comisario europeo da Competencia, que, según eles, lles comunicaron que “de ter sobre a mesa unha proposta oficial, a súa aprobación sería cuestión de dous ou tres semanas”.
Neste sentido, lembra Davila que o mesmo Almunia dixo hai uns meses que se o Goberno “presentaba unha proposta semallante á do Estado francés”, non habería problema para a súa aprobación. A cuestión, puntualiza a deputada do BNG, “é que pasa o tempo e a estas alturas dito réxime fiscal, tan necesario para a actividade produtiva do sector naval segue sen aprobarse, o que está a levar aos nosos estaleiros a unha situación límite”.
A parlamentar nacionalista quer saber cal é o grao de veracidade destas informacións e no case de seren certas pregunta ao Executivo “cando vai presentar unha proposta concreta en relación coa figura fiscal para o sector naval”.