Jorquera demanda a Fomento que canto antes adopte unha decisión sobre o uso da vella terminal de Lavacolla

Madrid, 16 Febreiro 2012. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, en coordenación e colaboración co grupo municipal do BNG en Santiago, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara para demandarlle ao Ministerio de Fomento que canto antes adopte unha decisión sobre o uso da vella terminal de Lavacolla.

O deputado do BNG dirixe unha serie de preguntas ao AENA na iniciativa presentada: “Que propostas están sobre a mesa en relación á vella terminal? Cal é a opinión de AENA en relación á idea, apoiada polos traballadores do aeroporto, de convertila en terminal de carga? Que opina en relación á posibilidade de destinala a usos expositivos?”.
Jorquera insta ao organismo autónomo a adoptar canto antes unha decisión para evitar “que caia no abandono e no deterioro”. E pide ao Ministerio que “estas instalacións se destinen a un uso público e colectivo”.

Hai opcións, sempre que se destine a un uso público

O parlamentar nacionalista explica que a entrada en servizo da nova terminal de Lavacolla no pasado ano deixou en desuso a vella terminal. “O que fai necesario pensar nos seus futuros usos”. Jorquera repasa algunhas das posibilidades que se barallaron a nivel teórico pero que se foron descartando por diversos motivos.
O deputado do BNG fai alusión á idea que defenden os traballadores e traballadoras do aeroporto “de destinar a vella terminal a terminal de carga aérea. De feito, a actual terminal de carga está illada da plataforma de estacionamento de aeronaves, pero a vella sería idónea para esa función”.

Ademáis, puntualiza Jorquera, sobre a mesa hai outras propostas como a de dotar á vella terminal dun uso comercial e de ocio. Ou a posibilidade de destinala a usos expositivos como complemento á oferta actual conformada polo Pazo de Congresos e o recinto ferial de Amio a fin de incentivar o turismo de congresos na cidade.
Francisco Jorquera subliña que tanto a transformación da vella terminal nunha de carga como a de adicala a usos expositivos, é a xuizo do BNG as opcións q que máis se axustan ás necesidades

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]