O Congreso aproba a proposición do BNG para que se impulse o recoñecemento da fibromialxia como doenza incapacitante

Madrid, 8 Maio 2012. A Comisión de Sanidade do Congreso aprobou hoxe a proposición da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, que insta ao Goberno a impulsar que a fibromialxia sexa recoñecida como doenza incapacitante.

A Comisión de Sanidade debatiu unha proposición non de lei do BNG neste sentido. En aras ao acordo, Davila aceitou transaccionar un acordo co grupo socialista e co grupo popular e que achegamos ao final da nota de prensa.

Davila puxo de manifesto que a fibromialxia é unha doenza que afecta a moitas persoas e non está debidamente recoñecida a pesar de que é incapacitante, e que afecta, sobre todo, ás mulleres. A deputada do BNG sinalou que a fibromialxia afecta á capacidade funcional de xeito moderado en case a metade dos casos, e de xeito severo nun 10% dos casos.

A parlamentar nacionalista subliñou que o OMS recoñeceu en 1992 á fibromialxia como enfermidade, e está tipificada no manual de Clasificación Internacional de Enfermidades, e outras organizacións considérana unha doenza crónica.

Máis, lamentou, “no Estado español aínda non está recoñecida como doenza incapacitante, o que xenera complicacións e problemas ás afectadas, posto que lles obriga a ter que recorrer á xustiza en moitos casos. Indicou que “en diversas sentenzas está recoñecida como doenza incapacitante”. Por iso, enfatizou, “sería desexabel que o Goberno español procedese ao recoñecemento desta doenza sen que as afectadas teñan que pasar polos tribunais”.

Davila fixo referencia á demanda das asociacións de fibromialgia que demandan unha atención sanitaria máis axeitada e a cobertura social derivada do recoñecemento desta doenza como crónica que pode chegar a ser invalidante. Explicou que no Estado español se da unha prevalencia dun 2,7% desta doenza.

O ACORDO:

Achegamos a continuación a emenda transaccional pactada pola deputada do BNG con PP e PSOE:

ENMIENDA TRANSACCIONAL A LA PROPOSICIÓN NO DE LEY
DEL GRUPO PARLAMENTARIO MIXTO-BNG, SOBRE LA FIBROMIALGIA COMO ENFERMEDAD INCAPACITANTE

“El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a:

1. Desarrollar el protocolo de actuación que se confeccionó para los médicos del Instituto Nacional de la Seguridad Social en febrero de 2010, para que en las unidades médicas puedan llevar a cabo una valoración funcional, adecuada y homogénea de los pacientes de fibromialgia a fin de poder definir los mecanismos pertinentes para que pueda ser reconocida la fibromialgia como una enfermedad incapacitante.

2. Impulsar, en colaboración con las CCAA, las medidas sanitarias necesarias para otorgar una atención sanitaria más adecuada a los/as afectados/as de fibromialgia, elaborando un protocolo común para su diagnóstico y tratamiento.

3. Intensificar, en colaboración con las comunidades autónomas y las asociaciones de pacientes, programas de información y sensibilización dirigidas a la población general, así como programas de formación especializada para los profesionales sanitarios y os pacientes en el manejo de su enfermedad.



Mª Olaia Fernández Dávila (GMx-BNG)
Mª Carmen Quintanilla Barba (GPP)
Pilar Grande Pesquero (GS)

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]