Jorquera: "A nacionalización de Bankia será temporal para logo vendela a prezo de saldo"

Madrid, 9 Maio 2012. O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, afirmou esta tarde en relación ás informacións que indican que o Goberno de Rajoy vai anunciar a nacionalización de Bankia, que “será unha nacionalización parcial e temporal para despois vendela a prezo de saldo e privatizala”.

Jorquera considera que as nacionalizacións non poden consistir en “meter diñeiro público nun banco privado de maneira temporal, para que unha vez saneada a entidade proceder a privatizala de novo”. Sostén o deputado do BNG que o que “precisamos é unha banca pública de verdade”.

E puntualizou que “non precisamos nacionalizacións ao estilo INI, rescatando empresas privadas con recursos públicos para logo poñelas á venda a prezos de saldo”. Reiterou a proposta do BNG presentada esta semana para que se constitúa unha banca pública.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]