Pérez Bouza di que o BNG "cumpriu" no Senado e foi "a única forza política que defendeu os intereses galegos"

Ourense, 1 Agosto 11.- O senador do BNG Xose Manuel Perez Bouza realizou en rolda de prensa un breve balanzo da lexislatura que esta a piques de rematar nas Cortes do Estado. Sobre o papel desempeñado polo BNG na Camara Alta afirmou que o Bloque "cumpriu" no sentido de que "realizamos un labor fiscalizador do goberno e presentamos multitude de iniciativas en defensa dos intereses dos galegos e galegas fronte ao nulo interese de PP e PSOE".

Na mesma liña, Pérez Bouza lembrou que foi o BNG quen logrou co seu labor no Senado unha partida nos Orzamentos do Estado para a Real Academia Galega, así como o avance no uso do galegos nas institucións públicas.

O senador nacionalista tamén apuntou o labor que fica pendente para setembro e destacou o debate que se producirá sobre o papel das Deputacións e sobre o futuro do AVE ao noso país na comparecencia do ministro José Blanco. A este respecto, Pérez Bouza pediu que cesen as mentiras "e os espectáculo surrealista sobre os prazos so AVE".

Lexislatura

Sobre o papel xogado polo presidente do Goberno, o senador do BNG cualificou de "decepcionante" a xestión de José Luís Rodríguez Zapatero nos últimos anos, sobre todo pola "falta de interese en cuestións fundamentais para Galiza". Neste apartado, o senador do BNG subliñou a negativa a reailzar a transferencia de competencias necesarias para o noso país como as de tráfico "pese á petición unánime do Parlamento galego",

Tamén critiicou Xosé Manuel Pérez Bouza o papel do goberno do Estado no proceso de fusión das caixas galegas "chegando a recurrir ante o Constitucional a Lei de Caixas" ou tamén a negativa a pedir o levantamento do veto á industria naval civil en Ferrolterra.

O senador do BNG afirmou que, máis unha vez, a experiencia destes anos demostrou a necesidade da presenza do BNG para que os intereses galegos sexan defendidos.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]