Escoita a entrevista de RNE a Pérez Bouza

Madrid, 28 Marzo 2011. O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, foi entrevistado onte por RNE. Unha longa entrevista  que repasa cuestións de actualidade.

Pérez Bouza que recibiu os parabéns por ter sido premiado como senador revelación polos xornalistas parlamentares, falou do papel do BNG na Cámara Alta, onde ten acadado importantes acordos para Galiza como que nos Orzamentos estatais deste ano, se incluise por fin unha partida para a Real Academia Galega, que sí recibían as de Catalunya e Eukadi. Tamén aludiu ao acordo para paralizar os aproveitamentos hidroeléctricos no Miño-Sil, ou a capacidade para ter logrado que o Senado respaldase o veto do BNG aos Orzamentos do Estado 2011.

Censurou aos que critican que se utilicen as linguas cooficiais no Senado porque "entón habería que analizar se é rendábel o mesmo Senado, convertido nunha Cámara de segunda leitura en lugar dunha auténtica Cámara territorial.

Prácticas perversas nos censos

Á perguntas do xornalista, explicou as iniciativas do BNG no Senado polos 39 concellos galegos con "censos abultados", especialmente en Ourense. Considerou que debe ser investigado a fondo e en caso de que se demostren indicios de delito, "debe ter consecuencias penais". Desvelou que "temos documentación de como se adulterou o censo nun concello do PP en Ourense, onde incluso de censan altos cargos que non teñen que a ver co concello".

Pérez Bouza negouse a abrir o debate sucesorio no BNG, e dixo que "fica moito lonxe e xa decidiremos. En política non é bón abrir debates que non tocan", e puxo como mal exemplo ao PSOE.

Criticou a Feijoo porque "debería laiarse menos e actuar como o gobernante dunha nacionalidade histórica. Non moveu un dedo para evitar que un decreto lesivo para a Caixa galega". Asemade, criticou tamén os retrasos no AVE porque "non é unha cuestión dun retraso de 15 días, é que levamos máis de tres anos de retraso".

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Entrevista a Xosé Manuel Pérez Bouza