Pérez Bouza presenta unha moción para que o Goberno non recurra o catálogo de medicamentos galego

Madrid, 14 Xaneiro 2011. O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, criticou en rolda de prensa á intención do Goberno central de recurrir o catálogo de medicamentos galego e ínstao, nunha moción rexistrada no Senado, a imitar a iniciativa galega e aplicar as mesmas medidas de redución do gasto farmacéutico.

En primeiro lugar, o senador nacionalista reiterou o apoio do BNG á Lei de Racionalización do gasto farmacéutico e a conseguinte aprobación do catálogo de medicamentos no Parlamento galego. “Trátase de medidas positivas para facer máis sostíbel o sistema público sanitario xa que un dos problemas existentes é o incremento espectacular do gasto farmacéutico”.

Pérez Bouza subliñou que “precisamente porque son medidas positivas non entendemos a postura do Goberno central de torpedear a súa aplicación anunciado a presentación dun recurso”. Neste sentido, o senador do BNG anunciou a presentación de iniciativas no Senado.

As explicacións do Goberno central carecen de fundamento

Unha das primeiras actuacións do BNG, vai ser a de peder explicacións á Ministra de Sanidade que o vindeiro luns comparecerá no Senado. Nesa comparecencia, Pérez Bouza interpelará á Leire Pajín para que aclare se van presentar o recurso contra a lei galega. “En caso afirmativo, demandarémoslle que explique cais son as razóns porque consideramos que as explicacións ofrecidas nos medios carecen de fundamento”, enfatizou o senador nacionalista.

“Según as información, o Goberno alega que a lei galega invade competencias estatais e discrimina aos cidadáns galegos. Son argumentos que carecen de fundamento e non teñen base legal. Desde o BNG, coidamos que Galiza é competente para dictaminar que fármacos se cubren con diñeiro público porque, ademáis, recóllense todos os principios activos que están no nomenclátor do Ministerio. E non esquezamos que quen paga a factura debe ter o dereito a regular o que se paga. Non se pode alegar discriminación porque no catálogo galego están todos os principios activos”, explicou Pérez Bouza.

O BNG axilizará o debate da súa moción se o Goberno segue adiante coa súa intención 

O senador nacionalista avanzou que se o Goberno insiste na súa oposición, “poñeremos en marcha a moción que rexistramos no Senado na que instamos ao Goberno a dar marcha atrás na súa intención de presentar un recurso contra as normativas aprobadas na Galiza, e tamén pedimos que o Goberno presente no Consello Interterritorial de Sanidade un catálogo de medicamentos de menor prezo a similitude do presentado na Galiza”.

Neste sentido, o parlamentar do BNG expresou o desexo de lograr o apoio da Cámara xa que “se o PP a respalda pode sair aprobada. Para iso debe manter o mesmo discurso en Madrid que na Galiza”. Desde logo, subliñou, “non imos permitir que por unha disputa política entre o PP e o PSOE se entorpeza a aplicación dunha medida que é positiva para a sostenibilidade do sistema e que suporá unha redución dos gastos. Para iso o que o Ministerio debe facer, en lugar de presentar recursos políticos, é aplicar medidas que vaian na mesma direción e deixarse de non facer e non deixar que outros fagan”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]