Jorquera preguntará este mércores ao ministro de Xustiza se confirma as revelacións de Wikileaks sobre o caso de José Couso

Madrid, 11 Decembro 2010. O deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, dirixiráse o vindeiro mércores, día 15 de decembro, no Pleno ao Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, para perguntarlle sobre as revelacións de Wikileaks en relación á actitude do Goberno español e a xudicatura de actuar ao ditado da Administración estadounidense.

A sesión de control ao Goberno comezará ás 9.00 horas e pódese seguer en directo através da web do congreso: www.congreso.es

O portavoz do BNG pedirá explicacións ao Goberno español polos documentos do Departamento de Estado de EE.UU, filtrados pola organización Wikileaks, que testemuñan as presións exercidas pola Administración norteamericana sobre o Goberno español e xuices para parar o proceso xudicial de José Couso.

Para Jorquera son moi graves os documentos que “testemuñan como a embaixada norteamericana contou coa colaboración e a complicidade de autoridades do Goberno español e da xudicatura como o Fiscal Xeral do Estado para parar procesos xudiciais como o de Couso”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]