O veto do BNG aos Orzamentos do Estado ten moitas posiblidades de saír adiante hoxe no Senado

Xosé Manuel Pérez Bouza

Madrid, 12 Decembro 2010. O Pleno do Senado comeza hoxe luns, día 13 de decembro, ás 12.00 horas coa intervención da Ministra de Economía, Elena Salgado, para defender o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2011

Unha vez que a Ministra remate de falar será o senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, o que suba á tribuna a defender o veto do BNG aos Orzamentos estatais para o vindeiro exercicio. É preciso lembrar que a emenda á totalidade do BNG foi a única que se aprobou a semana pasada na Comisión de Orzamentos do Senado, polo tanto, ten moitas posibilidades de saír adiante no Pleno.

Por iso, vai ser o primeiro veto en ser debatido e acto seguido votado. No caso de que sexa aprobado, rematará o debate sobre os Orzamentos na Cámara Alta e voltará ao Congreso. Se non sae adiante, procederáse ao debate e á votación dos demáis vetos presentados por outros grupos parlamentares.

A intervención de Pérez Bouza poderáse seguer en directo atravé da web do Senado: www.senado.es

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]