Jorquera consegue o acordo do Pleno para que se poñan en marcha novas medidas para cobrar a débeda dos clubes de fútbol co Estado

Madrid, 21 Setembro 2010. O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, logrou o acordo da Cámara Baixa para que o Goberno poña en marcha novas medidas encamiñadas a que os clubes de fútbol sufraguen, no menor tempo posíbel, a débeda que teñen contraída coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social.

O Pleno do Congreso debatía esta tarde unha moción de Jorquera con medidas para favorecer a transparencia e a contención do gasto no fútbol profesional español, e especialmente para que os clubes futbolísticos paguen a débeda co Estado.
En aras ao acordo, Jorquera negociou un acordo co grupo socialista, ao que tamén se sumou o grupo popular posto que o deputado do BNG incluiu unha emenda do PP. O texto final mantén os requerimentos fundamentais dos nacionalistas galegos.

Outros puntos do acordo

O aprobado este serán tamén empraza ao Goberno a promover un proceso de diálogo coa Liga de Fútbol Profesional e impulsar medidas de control necesarias para conseguer o equilibrio orzamentario dos clubes e a súa solvencia para facer fichaxes e cubrir as remuneracións dos xogadores, “establecendo, se for preciso, límites no gasto por estes conceptos, así como o cumprimento das súas obrigas de pago con Facenda e a Seguridade Social”.

Nun seguinte punto, demándase de todos os responsábeis implicados, a máxima celeridade e contundencia para “investigar, sancionar e correxir as posíbeis irregularidades que poñan en custión a limpeza e a transparencia na competición”. Neste sentido, alude ás medidas recollidas na recente reforma do Código Penal. Por último, incluíuse un cuarto punto (a emenda do grupo popular) para que “no prazo máis breve se presente na Cámara o proxecto de lei de reforma do deporte profesional”.

Unha débeda que é unha bola de neve

Na defensa da súa iniciativa parlamentar, o deputado do BNG afirmou que “a débeda dos clubes de fútbol é unha bola de neve que segue engordando”. Jorquera contrapuxo esta situación co que sucede tempada tras tempada “cun goteo de noticias que falan de traspasos millonarios, de xugosos pagos de comisións, de xugosos pagos de comisións ou de grandes cantidades destinadas ao pago de fichas e primas”.

Explicou que a finais de 2008, a débeda coa Axencia Tributaria era de 627 millóns, e a débeda total coa Seguridade Social supoñía 4,9 millóns. Así que a débeda total cos organismos públicos era de 632 millóns, traducido a pesetas son 105.000 millóns das antigas pesetas. “Unha débeda que, en parte, a pagamos todos”, aseverou.

Jorquera censurou o feito de que a pesar destes dados, “os clubes de fútbol seguen a gastar por riba das súas posibilidades, “as grandes cantidades destinadas a fichaxes, ao pago de comisións e ás percepcións dos xogadores están á orde do día”. O deputado do BNG non puxo en cuestión a importanza económica e social do deporte pero “con 4 millóns de parados é inmoral o despilfarro existente no mundo do fútbol, máxime cando ese despilfarro o pagamos en parte todos. Non se pode apelar a apretarse o cinto e ao mesmo tempo ser tolerante á hora de exixir aos clubes o pago das débedas con organismos do Estado”.

Aludiu ás afirmacións do Vicepresidente 3º na súa resposta á interpelación do BNG da semana pasada, quen apelou “á prudencia e á responsabilidade para deseñar medidas. “Pois ben, que maior prudencia e responsabilidade que evitar que a bola de neve medre? Que maior prudencia que condicionar calquer prórroga no pago da débeda contraída cos organismos públicos a que os clubes adopten medidas que poñan fin ao derroche?”, e neste sentido, remitiu ás medidas contempladas na moción do BNG.

Tamén fixo mención aos “distintos escándalos que salpican ao fútbol profesional e que introducen dúbidas sobre a limpeza da competición”, en referencia ás noticias que falan de pinchazos telefónicos sobre presuntas compras de partidos ou denuncias de compra-venda ilegal de acións de clubes.

Demandou o pago das débedas con Facenda e a Seguridade Social, o impulso de medidas de control que “introduzan racionalidade e mesura no mundo do fútbol.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]