Novas

Mitin do BNG en Pantón o domingo 15 ás 7 da tarde.

Intervirán: 

Suso Alvarez, Concelleiro do BNG en Pantón

Cosme Eladio Pombo, Delegado Provincial da Consellería de Vivenda e Solo.

Isabel Sánchez, Concelleira en Monforte e Candidata do BNG número 2 por Lugo [+]


Galiza Nova xa está a distribuir a información sobre o voto por correo.

O vindeiro 1 de marzo celébranse as eleccións Galegas. Para Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, esta non é unha cita electoral máis, pois decidimos se queremos volver ao pasado ou seguir a transformar Galiza co BNG á fronte do Goberno Galego. 

  [+]


O Xefe Provincial de Infraestructuras visitará Pantón o domingo día 15

Victor-Andrés Alvarez Arias Xefe Provincial de Infraestructuras Agrarias, visitará o domingo o noso concello e explicará o importante proxecto de acondicionamento dos accesos aos viñedos e para o que se destinarán preto de un millón de euros. Será o domingo día 15 ás 13:15 horas no lugar de Budián da Parroquia de Acedre. [+]


O alcalde recoñece o forte investimento das Consellarías do BNG no noso concello

Atrás quedan os 16 anos de goberno do PP na Xunta no que Pantón quedou completamente esquecido. Ata o propio alcalde do PP, do que non se pode desconfiar que teña afinidade co BNG, se viu obrigado a recoñecer a gran colaboración das consellarías nacionalistas nos proxectos para o municipio.  [+]


Os cartos do fondo estatal para o centro urbano. As parroquias a esperar promesas.

 Mentres na maioría dos concellos rurais da provincia se aproveitaron os cartos do fondo estatal para dotar de servizos básicos ás parroquias, en Pantón empregaranse na súa práctica totalidade para acondicionar novos espazos no centro urbano. Eso sí, cando o alcalde visite as parroquias pedindo o voto terá como sempre boas palabras e promesas, pero os feitos xa se víu que son outros. Achegamos o artigo de prensa publicado por El Progreso o día 31 de decembro: [+]