O alcalde recoñece o forte investimento das Consellarías do BNG no noso concello
Atrás quedan os 16 anos de goberno do PP na Xunta no que Pantón quedou completamente esquecido. Ata o propio alcalde do PP, do que non se pode desconfiar que teña afinidade co BNG, se viu obrigado a recoñecer a gran colaboración das consellarías nacionalistas nos proxectos para o municipio. Así o afirmou nunha entrevista do periódico quincenal “EnComún” ao facer balance do seu primeiro ano de goberno.
Dependerá de nós que esta colaboración se siga dando a partires do 01 de marzo ou pola contra voltar a quedar olvidados como estivemos co PP gobernando na Xunta.