O Xefe Provincial de Infraestructuras visitará Pantón o domingo día 15

Victor-Andrés Alvarez Arias Xefe Provincial de Infraestructuras Agrarias, dependente da Consellería de Medio Rural que está cargo do conselleiro nacionalista Alfredo Suárez Canal, visitará o domingo o noso concello e explicará o importante proxecto do seu departamento consistente no acondicionamento dos accesos aos viñedos no noso concello e para o que se destinarán preto de un millón de euros. Tamén dará conta dos investimentos do seu departamento realizados nos ultimos 3 anos. Será o domingo día 15 ás 13:15 horas no lugar de Budián da Parroquia de Acedre.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]