Os cartos do fondo estatal para o centro urbano. As parroquias a esperar promesas.
Mentres na maioría dos concellos rurais da provincia se aproveitaron os cartos do fondo estatal para dotar de servizos básicos ás parroquias, en Pantón empregaranse na súa práctica totalidade para acondicionar novos espazos no centro urbano. Eso sí, cando o alcalde visite as parroquias pedindo o voto terá como sempre boas palabras e promesas, pero os feitos xa se víu que son outros. Achegamos o artigo de prensa publicado por El Progreso o día 31 de decembro:
O BNG critica que os fondos estatais non beneficien ás parroquias.
Pantón. O BNG de Pantón amosouse en desacordo coa proposta conxunta de PP e Psoe de adicar a práctica totalidade do medio millón de euros do fondo estatal para obras ao núcleo úrbano de Ferreira e deixar sen practicamente un euro as 25 parroquias.
Os nacionalistas denunciaron que mentras no núcleo urbano de Ferreira se destinaron a maioría dos cartos para mellorar alumeado, saneamento e beiraruas, no rural hai parroquias que aínda non teñen abastecemento de auga e a maioría, non teñen saneamento.
Para o Bloque é criticable que se reserven fondos para sinalizar rutas turísticas e para un proxecto de aforro enerxético que o concelleiro Xesús Alvarez calificou de cambio de bombillas.
A xuizo de Alvarez esta decisión vén confirmar o abandono das parroquias por parte do Concello xa denunciado polo BNG na aprobación dos orzamentos, e engadíu que mentres os pobos sofren este afandono, os fondos estatais adícanse a obras en rúas recén rematadas como a de Manuel María ou a accesos ao Centro de Día e ao colexio, para os que se podería acadar financiación da Xunta.