RECOLLIDA DE SINATURA EN DEFENSA DA SANIDADE

Ourense, 24 de Abril de 2012.  Hoxe haberá unha recollida de sinaturas en favor da ILP en defensa da Sanidade Pública, a partires das 19 horas diante da antiga sede do Banco de España na Rúa do Paseo.

Si ainda non asinaches ou coñeces a alguén que non o fixera, acude e apoia esta iniciativa.

 

 ACTIVIDADE PARLAMENTAR

style="text-align: justify; margin: 0cm 0cm 0pt" class="MsoNormal"> 

Ourense, 15 de Marzo de 2012. Os deputados autonómicos do BNG levan a cabo un traballo que ás veces, a maioría, non se ve reflexada nos medios de comunicación, e polo tanto a militancia, nin as persoas que simpatizan coa nosa opción política chegan a coñecer. Por esa razón tentaremos colgar na páxina da Comarca todas as novas sobre as diversas Iniciativas, Interpelacións, Preguntas, etc que están a plantexar no Parlamento Galego, é en definitiva parte do inmenso traballo que levan a cabo, mais é bo que o coñezades xa que como dixemos, os medios de comunicación polo xeral silencian esta labor.

Nos derradeiros dous meses presentaronse no Parlamento Galego, entre outras, distintas iniciativas como as seguintes:
-         Denunciose a situación de saturación do Complexo Hospitalario de Ourense, e a falta de camas. Tamén se preguntou sobres as medidas que se tomaran, e se preguntou as razóns polas que non se producira a apertura no Hospital de Piñor da planta habilitada para estas situacións,
-         Presentouse unha Proposición non de Lei sobre a situación que están atravesando as explotacións de vacún en extensivo no macizo central ourensán, Debido á situación de seca e ós incendios forestais solicitouse que se estableceran axudas ante a falta de pasto, que se establecese un plan para garantir a xeración de novos pastos, entre outras medidas.
-         Preguntouse sobre a situación da activación do plan antiincendios, xa que ainda que a propaganda do Partido Popular dixo que estaba en marcha a realidade é que somentes hai 3 brigadas, as propias da Xunta, en funcionamento. Tamén se denunciou  que por exemplo a base de Toén está pechada e o seu helicoptero non está operativo.
-         Outra das cuestións que os nosos parlamentarios quixeron que a Xunta de Galicia aclarase foi o futuro das instalacións do Hospital de Toén.
Son estas algunhas das cuestións plantexadas, pouco a pouco iremos desgranando todas.

 

 

 A INCAPACIDADE E NEGLIXENCIA DA XUNTA E O SR FREIRE COUTO, PROVOCAN QUE BARBADÁS NON CONTE CUNHA NOVA ESCOLA INFANTIL POLO QUE BNG CONSIDERA QUE O ALCALDE DEBERÍA DIMITIR

A día de hoxe en Barbadás existe unha única escola infantil municipal para dar cobertura a etapa educativa de 0 a 3 anos nun municipio que conta na actualidade con máis de 10.000 habitantes. Esta escola infantil foi sempre obxecto de polémica dado que nunca deu cobertura as necesidades das familias deste Concello que solicitaban praza (26 no curso 2009, 48 no curso 2010 e 53 no actual) sen contar con aqueloutras familias que optan directamente por outras alternativas ao saber da saturación do servizo.
No trascurso do pleno extraordinario celebrado hoxe, a concelleira do BNG Ánxela González Cid denunciou que no ano 2009 e a traves do marco Educa 3, o Ministerio de Educación e as Consellerías de Educación e de Benestar, asinaron un convenio de colaboración para a financiación de 82 novas prazas públicas para a etapa educativa de 0 a 3 anos. Suporía isto a construcción dunha nova Escola Infantil municipal, que segundo o convenio, constaría de 6 unidades e daría cobertura, como dixen a 82 nenos e nenas e estaría situada na Valenzá.
Este convenio publícase no BOE en febreiro de 2010 e nel establécese que a escola infantil deberá estar en funcionamento no prazo de 2 anos a partires da súa asinatura o que supón que a día de hoxe, esta Escola Infantil estaría en funcionamento. Asemade no BOE aparece recollida a cantidade económica reservada polo ministerio de Educación como a súa partida presupostaría.
Pois ben a día de hoxe atopámonos con que isto non se executou. O que desde o punto de vista do BNG é intolerable e inadmisible é a pasividade do sr. Alcalde de Barbadás que non fixo nin unha soa xestión para que isto se verificase.  O que é intolerable é que, aínda sabendo que son moitas as familias que teñen necesidade de conciliar a vida familiar e laboral, o sr Alcalde de Barbadás deixe pasar a oportunidade de que o municipio conte cunha segunda escola infantil que ofertaría 82 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. O que non é de recibo é que exista unha partida presupostaría para a escola infantil,, que exista un convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Ministerio e que o sr. Freire non sexa quen de poñer terreos a disposición para que isto sexa unha realidade.
Para o BNG esta falla de empatía coas veciñas e veciños do Concello e cos seus problemas, esta pasividade na xestión dos servizos, é a todas luces un atropelo aos nosos dereitos como cidadáns, e demostra unha vez máis a súa incapacidade como alcalde dunha corporación que parece que o único que pretende é manter 5 adicacións exclusivas sen aportar nin unha solución aos problemas da cidadanía.
O BNG pediu a súa inmediata dimisión ante un feito tan grave e que afecta a un numero importante de familias do noso Concello que, nun momento de crise económica como o actual, ven reducidas cada vez máis as posibilidades de conciliación da vida familiar e laboral tanto pola suba das taxas das escolas infantís, como por feitos tan graves coma este no que 82 nenos e nenas poderían ter acceso a unha praza pública de existir vontade política para executar un proxecto asinado e orzamentado.
Ánxela González interpelou ao alcalde de Barbadás: “queremos que explique porque non hai 82 prazas de educación infantil máis no noso concello”
Desde o BNG consideramos que so caben dúas posibilidaes: ou ben que non fixo xestión algunha o cal é moi grave, ou ben que a súa falla de peso político dentro do seu propio partido é nula o cal non teñen porqué pagar os veciños/as de Barbadás. En calquera dos dous casos debería dimitir.

26 DE ABRIL ACTO PÚBLICO NO AUDITORIO

Ourense, 24 de Abril de 2012. O vindeiro 26 de Abril haberá un acto público do BNG no Auditorio de Ourense sobor das Accións Preferentes a partires das 20.15 horas na que intervirán Fernando Varela e Henrique Viéitez.  [...]

teletipos

  • O BNG PIDE A MODIFICACIÓN DA POLITICA DE GASTO NO PEREIRO PARA REPARTIR A INVERSION ENTRE AS PEQUENAS EMPRESAS [...]

tele bng