Novas

  

ACORDOS TOMADOS NA EXECUTIVA COMARCAL DO 12 DE MARZO DE 2012

Na reunión ordinaria do 12 de Marzo da Executiva Comarcal de Ourense-O Carballiño tomaronse unha serie de acordos, a continuación e para coñecemento xeral, e agardando a vosa colaboración e participación resumimos o acordado: 

Falouse das diversas actividades que se van levar a cabo para informar á cidadanía sobor do posicionamento do BNG en relación á Reforma Laboral.

Nas actividades previstas e das informaramos anteriormente houbo algún cambio debido ás axendas dos compañeiros da nacional que nos acompañarían nalgún acto, como no do día 22 que queda aprazado, Prontamente daremos conta do día e da hora do acto. 

-          Acto no Carballiño. Tamén nos queda por perfilar algún dos extremos, en canto queden rematados daremos conta. 

-          Acto en Barbadás. Día 15 de marzo: No local do social do BNG. Ás 20.30 horas.

 
- Reparto dos dípticos que chegaron da Sede Nacional na feira de Ourense o día 17 Confirmado.
  

Deuse conta de como foi a recollida de sinaturas da ILP da Sanidade. A seguinte cita é:

 
- O día 15 ás 19 horas na Ponte Vella

 Sen máis asuntos a tratar, pechouse a reunión.

 

 

  [+]


RECOLLIDA DE SINATURA EN DEFENSA DA SANIDADE

Ourense, 24 de Abril de 2012.  Hoxe haberá unha recollida de sinaturas en favor da ILP en defensa da Sanidade Pública, a partires das 19 horas diante da antiga sede do Banco de España na Rúa do Paseo.

Si ainda non asinaches ou coñeces a alguén que non o fixera, acude e apoia esta iniciativa.

  [+]


O BNG de San Cibrao exixe responsabilidades polos vertidos de Rante

Logo dos importantes vertidos producidos a pasada semana entre as aldeas de Currás e Rante, o BNG de San Cibrao vai exixir que sexa a empresa que fixo as obras de saneamento a que se faga cargo do custe da reparación do sistema de bombeo cuxa paralización foi a que provocou que os vertidos saíran a superfice.

Máis unha vez, a xestión dos vertidos por parte do goberno que preside Elisa Nogueira pode cualificarse de chapuza. Segundo apunta o concelleiro nacionalista, Miguel Álvarez Campos, esta obra de mellora do saneamento Currás-Rante conecta a rede de sumidoiros de parte do pobo de Currás, do hotel e da área de servizo da Autoestrada A-52 coa rede de Rante para verter logo na estación depuradora. A obra rematóuse no ano 2009 e tivo un custe de 270.000 €. [+]


O PLENO DO CONCELLO DE BARBADÁS APROBA A INSTANCIAS DO BNG UN PROXECTO DE MELLORA DA RÚA TOMÁS RODRÍGUEZ PUNXÍN NA VALENZÁ

Barbadás, 6 de Marzo de 2012.

No pleno ordinario da corporación municipal de Barbadás celebrado o luns 5 de marzo, vense de aprobar por unanimidade unha moción de grupo municipal do BNG na que se solicita que se proceda coa celeridade debida á realización dun proxecto para unha correcta urbanización da Rúa Tomás Rdguez. Punxín, coa construción de beirarrúas pola banda dos números impares da mesma e unha mellora do firme e da iluminación.
Tamén se esixiu que se regulamentasen os estacionamentos dos vehículos.
A proposta inclúe a instalación dun paso de peóns elevado, (debidamente sinalizado horizontal e verticalmente), para que deste xeito se poidan reducir de vez as imprudencias das velocidades excesivas que están a orde do día, xa que esta rúa é un vial moi transitado, de saída cara Ourense e a estrada de Celanova.
Esta proposta nacionalista foi avalada con ducias de sinaturas da veciñanza desta rúa. O alumnado do CEIP Filomena Dato, os maiores de Fonval, os negocios da rúa e toda a veciñanza en xeral veranse beneficiados con estas obras de mellora. [+]


A EXECUTIVA COMARCAL APOIA A INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Ourense, 6 de Marzo de 2012.  A Executiva Comarcal do BNG da comarca de Ourense-O Carballiño tomou o acordo de apoiar a recollida de sinaturas que se vai levar a cabo en defensa desta iniciativa.

Os actos programados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública son: Recollida de sinaturas a prol da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa da Sanidade Pública en diversos puntos da cidade, en concreto:

. Xoves, 8 de Marzo, ás 19 horas, na esquina da Rúa Ervedelo coa Rúa Dalí no barrio de O Couto.

. Xoves, 15 de Marzo, ás 19 horas, na entrada da Ponte Vella pola beira do barrio de A Ponte.
 

 

 

  [+]