A Concellaría de Vivenda traballa xa na nova convocatoria de axudas á Rehabilitación de inmobles no Casco Vello, Seixalbo e Camelias, Carballeira e Polvorín

Santiago, 14 de maio de 2012.- O Concelleiro de Vivenda, Fernando Varela, desplazouse este luns á Santiago de Compostela para asistir ao acto de sinatura dos acordos trilaterais polos cales se definen os investimentos en axudas á rehabilitación dos que desfrutará Ourense nos vindeiros anos. En virtude dos obxectivos plantexados no Plan Estatal de Vivenda 2009-2012 e as Áreas de Rehabilitación Integral que a Concellaría ten recoñecidas no termo municipal,  o Concello, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento acordaron está maña destinar máis de 2,36 millóns de euros para o fomento da rehabilitación en Ourense. Os investimentos, que faránse efectivos a través dun acordo plurianual até 2016,  comprenden 1.423.750€ para o ARI Camelias, Carballeira e Polvorín (en 2º fase de execución), 193.229€ para o núcleo de Seixalbo (en 8ª fase de execución) e 743.200€ para o Casco Histórico, xa na súa 13ª fase de execución.

 Vivenda adica o III Encontro Técnico de Rehabilitación ás novas tendencias en bioconstrución

Ourense, 7 de maio de 2012.- A Concellaría de Vivenda continua este mércores día 9 coa serie de Encontros Técnicos de Rehabilitación que está a organizar como punto de encontro e intercambio de coñecementos entre axentes públicos e privados do sector, e que veñen reinvindicar e impulsar unha práctica, a rehabilitación, que se perfila como unha óptima solución para a dinamización urbana no actual contexto de crise.

 O BNG denuncia que os datos de desemprego constatan o fracaso das políticas de Feijóo

Ourense, 30 de abril de 2012.- A responsábel local, Susana García comentou que desde que o Partido Popular asumiu o Goberno da Xunta pasamos na provincia dun 8,2% de desemprego ao 20% actual. Para Ourense, estes datos son demoledores, a segunda peor taxa de Galiza nunha escalada de destrución do emprego que segue en caída libre ao igual que o número de afiliados a  Seguridade Social.

A presión social pode facer posíbel a creación dunha Banca Pública Galega

Ourense, 16 de maio de 2012.- O Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reuníuse esta mañá con representantes sindicais, empresariais e asociacións para explicarlles a proposta nacionalista sobre a creación dunha Banca Pública Galega. Na presentación do acto, a tenente de alcalde de Ourense, Isabel Pérez, manifestou que o BNG está a levar a cabo unha campaña por todo o País na que se están presentando as propostas e alternativas que se deberían adoptar para saír da crise, entre elas, a creación dunha Banca Pública.  [...]

teletipos

  • Presentada a exposición A pintura desde dentro e o corpo como sede da diversidade do artista ourensán César Taboada [...]

  • Os Encontros Técnicos en Rehabilitación reúnen en Ourense a técnicos municipais de diferentes cidades galegas [...]

  • A concellaría de Vivenda e Rehabilitación Urbana presentou a exposición Nova Arquitectura de Galicia [...]

  • Presentada a proba BTT Cidade de Ourense [...]

  • O Concello e o “Clube da Vespa” convidan a todolos ourensáns a participar na V scooterada da cidade de Ourense [...]

  • Obras no Complexo Deportivo de Eiroás: A nova instalación deportiva dará servizo aos máis de 25.000 veciños dos barrios da Ponte e o Vinteún [...]

tele bng