Novas

  

Aprobadas as Bases Reguladoras para as subvencións para Rehabilitación de Vivendas e Edificios nos ARIs da cidade

Ourense, 21 de xuño de 2012.- Esta mañá, na Xunta de Goberno Local, aprobáronse as Bases Reguladoras da convocatoria de Subvencións para Rehabilitación de Vivendas e Edificios nos ARIs, que permitirán melloras nos barrios das Camelias, Carballeira e Polvorín. Tamén se aprobaron as Bases da Zona Histórica e do Núcleo Etnográfico de Seixalbo. [+]


Presentado o Estudo de Detalle para a revitalización da rúa Pelaio, no sur da zona histórica

Ourense, 20 de xuño de 2012.- Este mércores presentouse no Salón de Plenos o Estudo de Detalle da Unidade de Actuación 15 do PEPRI da zona histórica. Concretamente a actuación abrangue as inmediacións da rúa Pelaio, o cal permitirá a obtención dunha praza pública de nova creación e a posta en valor do conxunto arquitectónico da Igrexa da Trinidade e os seus anexos. [+]


Os recortes en educación discriminan e penalizan ao alumnado do rural

Ourense, 20 de xuño de 2012.- A voceira de Educación do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán, estivo esta mañá en Ourense para denunciar a agresión das políticas do PP en materia educativa na Galiza, máis sobor de todo na provincia de Ourense. Acompañada dos parlamentarios Tereixa Paz e Alfredo Suárez Canal, xunto co alcalde de Allariz e Vilar de Santos, a tenente de alcalde de Ourense , o voceiro do grupo nacionalista de Celanova e os responsábeis comarcais de Ourense-O Carballiño e o Ribeiro, Carme Adán manifestou que nos últimos 3 anos véñense producindo recortes no ensino público que se traducen na reducción de profesoreado e de unidades educativas en diferentes centros da provincia. [+]


A Concellaría de Cultura presenta a programación dunha Festas 2012 marcadamente ourensás, plurais e participativas.

Ourense, 18 de xuño de 2012.- A Concellaría de Cultura vén de presentar o programa de actividades previsto para estes quince días de celebración continua nos que Ourense será a principal protagonista; unhas festas que aspiran a a ser unha homenaxe á producción cultural e de lecer “que se fai na cidade”. Isabel Pérez, que convidou aos veciños e veciñas da cidade a participar dun programa “para todos os públicos e idades” nos que “se intentou dar cabida á toda a importante actividade dinamizadora dos diferentes axentes que fan cultura na cidade”. Música, teatro, deportes, actividades infantís e animación de rúa protagonizan a cita festiva. [+]


Medio Ambiente remata as obras de mellora e acondicionamento no Parque dos Pulmóns do barrio da Ponte

Ourense, 18 de xuño de 2012.- Logo de tres meses de traballos, a Concellaría de Medio Ambiente da xa por rematadas as obras de remodelación do coñecido como “Parque dos Pulmóns”, as dúas zonas verdes ubicadas na Rúa de San Rosendo, no barrrio da Ponte. A actuación, que contou cun orzamento de 262.880,40 €, supuxo dotar ao recinto dunha completa área de xogos infantís con diversos elementos para os cativos ao tempo que se abordou a restauración e mantemento das zonas verdes xa existentes. [+]


Miguel Anxo Fernán Vello gaña o XXVIII Premio de Poesía Cidade de Ourense

Ourense, 15 de xuño de 2012.- Miguel Anxo Fernán Vello, resultou gañador do Premio de Poesía Cidade de Ourense. Así o decidiu este serán, o xurado nomeado para o premio, que xa alcalza a súa vinte e oito edición. O xurado valorou especialmente na obra premiada que é un libro de poemas de longo alento que mantén a tensión poética de principio á fin sen decaer en ningún momento. De grande unidade temática estilística, con imaxes reveladoras e brillantes, de grande perfección rítmica. Ofrece unha lectura transversal na que os poemas se vinculan ao momento histórico que vivimos. [+]