A Concellaría de Deportes aposta por achegar aos ourensáns ao mundo do Tai Chi e o WuShu

Os días 9 e 10 de xuño a cidade das Burgas acollerá unhas xornadas internacionais adicadas ás artes marciais chinesas

Ourense, 6 de xuño de 2012.- A Concellaría de Deportes, a través do Consello Municipal de Deportes colabora co Departamento Galego de Wushu na celebración, esta fin de semana, o XI Trofeo Internacional de Wushu Cidade de Ourense, que nesta edición inclúe unha masterclass impartida polo prestixioso mestre de Tai Chi Fu Sheng Yuan.  O evento foi presentado esta mañá no Pabellón dos Remedios, onde se desenvolverá os días 9 e 10, nunha rolda de prensa que contou coa presencia dos mestres de Tai Chi Fun Sheng Yan e Fu Qing Quan, e o director do Departamento Galego de Wushu José Gago. En representación do Consello Municipal de Deportes interviu o seu xerente, Manuel Rodríguez Mosquera, quen convidou a desfrutar “deste achegamento as artes marciais, que lles permitirá familizarizarse cunhas disciplinas deportivas moi completas que abranguen a preparación física, a defensa persoal e a concentración e relaxación”.

O campionato desenvolveráse os días 9 e 10 de xuño nas instalacións do Pabillón Municipal dos remedios, e nela participarán equipos de Italia, Portugal, China e España que reunirán a máis de 300 deportistas.  Previamente, o venres día 8 a partir da 20.00 horas, terá lugar unha master class de Yang tai Chi aberta ao público en xeral que quiera coñecer de preto esta disciplina.  A sesión contará coa destaca presenza do Gran Mestre Fu Sheng Yuan, máximo expoñente mundial do Yang Tai Chi  e descendente directo do fundador do estilo. Segundo apuntaba o director do Departamento Galego de Wu Shu, José Gago, trátase “dun verdadeiro privilexio” contar coa presenza deste mestre en Ourense, un profesional con preto de 65 anos de experiencia na disciplina, “unha oportunidade única que non tería sido posibel sen o importante apoio do Consello Municipal de Deportes”

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]