A concellaría de Medio Ambiente procederá á instalación de novos cristais na varanda situada ao fondo da Alameda contra o Barbaña

Os cristais, sufriron roturas por un acto vandálico o pasado xoves de madrugada

Ourense, 28 de maio de 2012.- Técnicos da concellaría de Medio Ambiente, procederán á instalación de novos cristais na varanda situada ao fondo da Alameda do Concello. Os cristais rotos, suman 17 en total, e dende o pasado venres cubríronse cun material especial para evitar a caída a rúa. A reparación destes elementos urbanos terá un custe de aproximadamente 2.200 €, e serán instalados entre mañá e o mércores.

A este acto vandálico, únese o sufrido pola estatua de Otero Pedrayo da Praza do Correxidor, sufrido o pasado venres de madrugada. Dende a concellaría de Medio Ambiente faise un chamamento á importancia da concienciación cidadá co fin conservar tanto o patrimonio coma o mobiliario público da nosa cidade.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]