O Museo Municipal afonda no Ourense dos anos 60, 70 e 80 a través da pintura de Vázquez - Basalo

Ourense, 13 de xuño de 2012.- Respostando a ese proxecto museístico que concibe o Museo Municipal de Ourense “como museo de todos os ourensáns” a Concellaría de Cultura pon en marcha unha nova exposición que dirixe a mirada á historia da cidade e os seus habitantes. Miscelánea, do artista ourensán José Carlos Vázquez Basalo, é unha colección de 20 lenzos nos que o pintor evoca o Ourense dos anos 60, 70 e 80, as súas personaxes e espazos da sociedade e do lecer. Un percorrido por instantáneas que reproducen espazos emblemáticos como a desaparecida sala de festas Auria, na rúa do Paseo, ou lembran os pioneiros da música pop local, coma Os Murciélagos ou Os Ben Posta.

A colección Miscelánea que se expón desde hoxe na SALA I do Museo Municipal amosa “escenas en interiores que emanan ourensanismo, e escenas ao aire libre, como xogos tradicionais”. O denominador común e a luz e a cor que dominan as composicións figurativas, construindo unhas imaxes que, apuntaba hoxe a Concelleira de Cultura, Isabel Pérez “transmiten un intenso sentimento de optimismo, que, pola súa temática ourensá, convirtense en fe no nosos futuro como cidade e cidadáns”.

Vázquez – Basalo, mestre, decorador e artista, forma parte do Museo da cidade desde os anos oitanta, coa obra Abside de Santa María Nai, número de inventario 261. A súa proposta artística no Museo enmárcase porén “nese esforzo – apuntaba Isabel Pérez – que desde hai 6 anos facemos por facer dos fondos do Museo os auténticos protagonistas”, ao tempo que reinvindica a faciana máis creativa e artística da cidade e contribúen a súa consolidación cultural.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]