A concellaría de Cultura condena os danos causados contra a estatua da Praza do Correxidor

A pasada madrugada a estatua de Otero Pedrayo situada na Praza do Correxidor, sufriu danos que obrigaron a retirala

Ourense, 26 de maio de 2012.- A concellaría de Cultura manifesta o seu rexeitamento ao acto bandálico sufrido pola estatua de Otero Pedrayo da Praza do Correxidor a pasada madrugada. En palabras da concelleira, Isabel Pérez, este é un atentado intolerábel contra o patrimonio municipal. Isabel Pérez, que falou esta mañá co autor da obra, Manuel Buciños, destacou que non se pode menospreciar desta forma o noso patrimonio, sobre todo cando falamos de persoas que, coma Otero Pedrayo, representan a historia de tódolos ourensáns, sendo D. Ramón, unha figura senlleira da nosa cultura que representa a todos os que fixeron posibel o que agora somos. Asemade, a concellaría solicita a colaboración da cidadania na defensa do patrimonio común da cidade para evitar atentados coma iste que representan ademais un desprezo e unha afrenta a todos os ourensáns.

A escultura do histórico persoaxe ourensán, inicialmente estivo emprazada na Alameda do Concello, ata que foi trasladada á Praza do Correxidor, tras a última remodelación. A estatua que ten unha valoración patrimonial aproximada duns 60.000 €, está gardada en dependencias municipais.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]