Obras no Complexo Deportivo de Eiroás: A nova instalación deportiva dará servizo aos máis de 25.000 veciños dos barrios da Ponte e o Vinteún

Ourense, 16 de maio de 2012.- Avanzan a bó ritmo as obras do futuro complexo deportivos das Eiroás, un dos proxectos estrela da Concellaría de Deportes e que virá ampliar sustancialmente a oferta de instalacións deportivas na cidade, dando servizo aos barrios da Ponte e o Vinteún.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, acompañou á tenente alcalde, Isabel Pérez, e o edil de Deportes, Fernando Varela, na visita realizada esta mañá as futuras instalacións. Os tres coincidiron en destacar “a importante descentralización de servizos” que suporá para Ourense o novo centro, ofertando un espazo de calidade “con servizos diferente e complementarios dos que xa dispomos” nunha zona de importante densidade poboacional como é o entorno da Avenida de Santiago. As obras tiveron un investimento en torno aos 5 millóns de euros, financiados por adxudicación municipal á empresa Serviocio. O futuro centro deportivo das Eiroás sitúase nunha parcela de 13.000 m2 de titularidade municipal e que o Concello se encargara de urbanizar no seu momento. Contará con campo de fútbol 11 e 7 de erba artificial, duas piscinas climatizadas (aprendizaxe e deportiva), zona spa con sauna e baño de vapor, ximnasio e sala de fitness, así como instalacións de cafetería e ludoteca.

O proxecto de xestión deportiva deseñado para estas instalacións contempla ofertar cursos de natación infantil e de adultos, aquaerobic, pilates, ioga, taichi, tonificación, etc. En resumo, plantéxase unha instalación completa e polivalente que poida equipararse ao Pavillón dos Remedios (que hoxe concentra a maior parte da demanda en infraestruturas deportivas da cidade) e que, pola súa ubicación, permita xerar un novo eixo de dinamización deportiva extensivo aos barrios da cidade. Admemais, a súa posta en marcha suporá a creación dunhs 40 postos de traballo.

Agárdase que o Centro Deportivo das Eiroás abra as súas portas a finais de verán, cunha serie de abonos e torno aos 32e mensuais e descontos especiais.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]