O Concello e o “Clube da Vespa” convidan a todolos ourensáns a participar na V scooterada da cidade de Ourense

Representantes do Clube Vespa Lambretta Clásica, a concelleira de Medio Ambiente, Marta Arribas e o concelleiro de Emprego, Comercio e Termalismo, convidaron a tódolos ourensáns a participar na V scooterada que se celebrará en Ourense os días 2 e 3 de xuño

Ourense, 16 de maio de 2012.- O clube “Vespa- Lambretta clásica” da cidade de Ourense congregou esta mañá, na praza de San Martiño, ós aficionados ás motocicletas Vespa e Scooter, para amosar as súas motocicletas e convidar a todos aqueles interesados a participar na V Scooterada Ourensana, que se celebrará na cidade a fin de semana do 2 e 3 de xuño. O lema escollido nesta 5ª cita é “O clube da Vespa”, co que pretende chamar a atención das xeracións máis novas que fai referencia ó filme “O clube da loita” basado na novela homónima de Chuck Palahniuk, que foi dirixida por David Fincher e protagonizada por Edward Norton, Brad Pitt e Helena Boham Carter.

Luís Lorenzo, presidente do clube Vespa- Lambretta, convidou a todos aqueles amantes das motos scooter en xeral e das vespas en particular a participar os días 2 e 3 de xuño na V scooterada da cidade de Ourense. Miguel Villar, estivo acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Marta Arribas e o concelleiro de Comercio, Emprego e Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, na praza de San Martiño, que se convertiu en escaparate de luxo das últimas novidades e reliquias do mundo das vespas.

“Somos a moto que temos”, con este guiño cómico, organización e colaboradores queren chamar á participación o sábado día 2 e domingo día 3. As inscripcións para participar pódense realizarse por anticipado ata o mércores 30 de maio (cun prezo de 30 euros), ou o mesmo día da scooterada no bar Sil, centro social do clube e sito na rúa Valle Inclán (se a inscrición se realiza o mesmo día 2 o prezo será de 35 euros).

O punto de encontro da scooterada será o propio bar Sil, ás 18.00h o sábado 2 de xuño, e ás 21.15h. os participantes achegaranse ó Ourense máis enxebre a través da súa gastronomía polas rúas do Casco Vello da cidade, para rematar a xornada cun baño nas termas de “As Burgas”, en pleno corazón da cidade de Ourense, acompañado dunha cea ó aire libre ó lado da piscina termal.

O domingo día 3, a partir das 10.30h, aqueles que se incorporen poden realizar a súa inscrición na Praza Maior da cidade (o prezo de inscrición sólo para o domingo son 20€ de facerse por anticipado, ou 25 euros se se realiza o propio día), punto onde se atoparán expostas as motos para o desfrute de veciños e curiosos que se queiran achegar a coñecer un pouco máis ós vespeiros e ás súas motocicletas, que nalgúns casos son auténticos artigos de coleccionista.

Ás 12.00h, os participantes na V scooterada realizarán un percorrido pola cidade, achegándose a rincóns menos frecuentes como a periferia rural ou o cumio de Montealegre dende o que poderán desfrutar de vistas privilexiadas da cidade de Ourense.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]