Presentada a proba BTT Cidade de Ourense

Consiste nunha marcha ciclo turista non competitiva que terá lugar o vindeiro día 3 de xuño

A concellaría de Deportes, colabora nesta proba que marca o inicio dun mes de intensa actividade deportiva na nosa cidade

Ourense, 15 de maio de 2012.- Esta mañá tivo lugar no Salón de Plenos a presentación da marcha ciclo turista BTT Cidade de Ourense que será o vindeiro día 3 de xuño. A proba, é de dificultade media – alta, tal como explicou o Presidente do Clube Ciclista 2 rodas, Toni Gago, e estímase unha duración de 4 horas aproximadamente. A ruta, terá a súa saída de Oira, e pasará por diversos puntos do termo municipal, como son Vilar das Tres, Santa Mariña, Seixalbo ou Ceboliño. O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, aproveitou para parebenizar aos organizadores, por haber recuperado esta ruta BTT, así como destacou a oportunidade de disfrutar das paisaxes e as vistas dos lugares por onde pasa. Con esta actividade da comezo un mes de xuño ateigado de eventos deportivos que teñen a súa conincidencia cas Festas de Ourense, que serán a finais de mes.

Na última edición, houbo un total de 155 inscritos, dos cales moitos proveñen de fora de Ourense, sobre todo da provincia de Pontevedra. As preinscripcións serán ata o día 1 de xuño e hai dúas modalidades para federados e para non federados, aparte de que, quen quera poderá apuntarse ao xantar posterior (15 €) a celebrar nun restaurante da zona de Oira.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]