A concellaría de Vivenda e Rehabilitación Urbana presentou a exposición Nova Arquitectura de Galicia

A mostra recolle 20 traballos de arquitectura de autoría galega, dun total de máis de 200 presentados

A exposición é a primeira vez que sae do ámbito académico, para mostrar a sociedade o traballo da máis recente arquitectura galega, a denominada Xeración da Rehabilitación

Ourense, 10 de maio de 2012.- Esta mañá tivo lugar no Auditorio Municipal, a presentación da exposición METAGÉNESIX/ Nova Arquitectura de Galicia. Á presentación asistiu o concelleiro de Vivenda e Rehabilitación Urbana, Fernado Varela, así coma os comisarios da exposición, Alberte Pérez, Carlos Mosquera e Enrique Iglesias. A exposición permanecerá no Auditorio Municipal de Ourense ata o vindeiro 10 de xuño e nela, poderemos apreciar os diversos traballos levados a cabo por este grupo de arquitectos ou equipos de arquitectura seleccionados.

Según resaltou Fernando Varela, este tipo de accións se enmarcan na aposta constante da Concellaría de Vivenda e Rehabilitación Urbana por promover a renovación de espazos urbanos e de núcleos rurais. A mostra, está encadrada dentro dun proxecto de divulgación que pretende reivindicar a alta formación dunha xeración formada maioritariamente en Galiza, e que xera un gran optimismo pola calidade e pola cantidade dos seus traballos. Esta denominada Xeración da Rehabilitación, está formada por persoas nacidas arredor dos anos 70, nun país que perde poboación cun parque de vivendas superior ao necesario, cun gran patrimonio rico e deshabitado e ca necesidade inmediata de actuación en barrios dos anos 60 para adaptalos aos estandares actuais de accesibilidade, aforro enerxético etc.. O traballo no campo da rehabilitación é inmenso e colócase como alternativa á crise.

Ademáis das obras da exposición, tamén foi presentado o catálogo que recolle outras obras destacadas desta mesma xeración onde podemos atopar a rehabilitación realizada por Pablo Falcón para acoller a sede da Concellaría de Urbanismo do Concello de Ourense.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]