Nace unha iniciativa pola dinamización da escena musical ourensá co apoio da Concellaría de Xuventude
Presentase un ciclo de concertos estivais reservado para bandas noveles da cidade
Ourense, 21 de xuño de 2012.- Co obxectivo de contribuir e apoiar a creación musical na nosa cidade, a Concellaría de Xuventude presenta o ciclo de concertos de verán “Móvete! Ourense”, adicado a bandas locais formadas, na sua meirande parte, por xente moza. A iniciativa é unha proposta da recentemente inaugurada Sala Berlín, un novo espazo musical que aspira a “dar saída a demanda de locais para actuacións musicais que existe en Ourense” e co que a Concellería colaborA na posta en marcha, organización e difusión destes concertos. Neste sentido, a edil de área Marta Arribas salientou esta mañá que “sempre é positivo que a empresa privada se sume aos nosos compromiso coa cidadanía, neste caso coa mocidade e actividade artística”.
“Movete! Ourense” esta plantexado como un ciclo de concertos totalmente gratuítos cada venres dos meses de xuño, xullo e agosto. Até 15 grupos da provincia de Ourense pasarán polo escenario da Sala Berlin na rúa Carriarico os venres a partir das 23.00 cubrindo un amplo especto de estilos que pasan polo hip hop, o rock, o pop, etc. O primeiro venres de setembro o ciclo remata cun concerto de peche e o sorteo dunha gravación de maqueta co catro temas dalgunha das bandas participantes do ciclo. Segundo explicaban hoxe os representantes da Sala, “pretendemos darlle un pouco de apoio a todas esas bandas que moitas veces non atopan espazos para actuar” e aseguraron que o ciclo xurde con vontade de continuidade.
A Concellaría de Xuventude colabora coa organización e difusión deste “pequeno festival” co ánimo de “dar un novo pulo” a todas esas bandas que existen na cidade “e que despois do ciclo, en setembro, contarán cun novo espazo para eles no Espazo Lusquiños da mocidade, desde o que agardamos seguir apoiando a creación musical nova e ourensá”.