Xa está no prelo o número 1 do BNG ao día de Ourense

Ourense, 7 de xullo de 2010. O Consello Local deu ao prelo o número 1 do BNG ao día, o voceiro impreso do Bloque Nacionalista Galego de Ourense.

O paso do Bloque Nacionalista Galego polo goberno local de Ourense ten unha folla de ruta que pasa por un modelo de cidade que aposta polo investimento público como factor dinamizador da nosa economía, a eficacia na xestión dos recursos naturais e orzamentarios e a dinamización da actividade económica e o comercio local, a xeración de emprego.

A labor de goberno do BNG defínese tamén pola mellora na calidade vida de todos os veciños e veciñas de Ourense, a cultura, o deporte, os servizos públicos, a atención a mocidade, e a igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Boletín do mes de xullo (PDF)