Oroso, 19 de marzo de 2012. O BNG de Oroso mostra o seu total apoio á Folga Xeral do 29 de marzo de 2012 e solicita á veciñanza de Oroso o seu apoio á folga e mobilización prevista.
Presentará unha moción no pleno que se ía celebrar o mesmo día da folga xeral e que será trasladado como mostra de apoio á Folga Xeral.
Oroso, martes 28 de febreiro. O BNG de Oroso remata o proceso Asamblear coa Elección de novo Consello Local.
Diego Boquete Sánchez continúa como responsábel local e Carlos Marcote entra no Consello Local como viceresponsábel local.
Completan o Consello Local Xosé Manuel Pérez Penas (concelleiro) e Margarita Mejuto Canabal.
Oroso, 21 novembro 2011. O BNG de Oroso presentou hoxe día 21 de novembro un escrito no Concello de Oroso denunciando a situación de completo abandono que sofre a Urbanización de Porto Avieira.
Esta urbanización, recepcionada polo Concello de Oroso no momento en que este era cogobernado polo BNG xunto ao actual alcalde, sofre desde o actual goberno (PSOE) un total abandono, sendo necesario comezar as seguintes actuacións, todas elas promesas electorais dun PSOE de Oroso, que sempre promete pero poucas veces cumpre.
Oroso, 11 de maio de 2012. ACTO PÚBLICO do BNG de Oroso
Os recortes no Ensino Público.
Martes 15 de Maio ás 21 horas no Fernando Casas Novoa [...]