Novas

  

Información de todos os actos do BNG de Oroso nesta campaña electoral

Oroso, 8 de maio de 2011. Aquí tedes os actos principais que imos celebrar durante esta campaña en Oroso.

Podedes seguir o día a día, e outros actos no noso Facebook ou no noso Twitter [+]


Gran éxito do serán de xogos populares do BNG de Oroso

Oroso, 28 de abril de 2011. Gran éxito do serán de xogos populares do BNG de Oroso.

Na tarde de hoxe, xoves 28 de abril, o BNG de Oroso celebrou xunto a numerosas veciñas e veciños de Oroso así como moitísimas nenas e nenos un serán de xogos populares que foi todo un éxito, tanto de asistencia e participación como, e isto é o máis importante, de diversión dos peques do noso Concello.
 [+]


Tarde de Xogos Populares

Oroso, 25 de abril de 2011. O Xoves 28 de abril ás 17 horas na praza Isaac Díaz Pardo o BNG de Oroso organiza unha tarde de divulgación dos xogos populares. [+]


O futuro de Oroso pasa por un goberno local do Bloque Nacionalista Galego

Oroso, 30 de marzo de 2011. Xosé Manuel Pérez Penas, candidato do BNG á Alcaldía, presenta unha candidatura para gobernar Oroso coa presenza do Voceiro Parlamentar, Carlos Aymerich.

Segundo Xosé Manuel Pérez “conseguimos que a concentración parcelaria esperada durante máis de vinte anos se fixese e se convertese no maior investimento da historia do concello” [+]


O BNG convoca concentracións nas 7 cidades para este xoves baixo o lema 'Non á guerra'

En Compostela será ás 20.30 horas na Praza de Cervantes. [+]