Sigüeiro terá un novo tramo de beirarrúas e unha rotonda para mellorar a seguridade vial no centro urbano

Oroso, 20 de outubro de 2009. Sigüeiro terá un novo tramo de beirarrúas e unha rotonda para mellorar a seguridade vial no centro urbano.

Tal como podemos ler en La Voz de Galicia de hoxe: O Concello de Oroso iniciou as obras de urbanización da rúa do Camiño Inglés, un proxecto cun presuposto de 161.000 euros que inclúe entre as súas principais intervencións a construción dunha nova rotonda en pleno centro urbano para mellorar a seguridade vial.

Xosé Manuel Pérez, destacou que «Con esta rotonda mellórase a seguridade vial do centro de Sigüeiro»A solución adoptada tamén inclúe a construción dun novo tramo de beirarrúas  e a canalización das augas pluviais no  centro urbano de Sigüeiro.

O tenente de alcalde e concelleiro de Obras Orosino, o nacionalista Xosé Manuel Pérez, destacou que «con esta rotonda mellórase a seguridade vial dos vehículos que circulan por esta zona do centro de Sigüeiro, especialmente daqueles que saen da rúa Camiño Inglés e dos que baixan dende a avenida da Grabanxa e que ás veces o fan a máis velocidade da axeitada».

A pretensión de Pérez é que as obras terminen o antes posíbel, pero recoñece que o mal tempo pode dilatalas no tempo, aínda con todo a estimación menos ambiciosa pasa por que a obra esté lista antes de que termine o mes.

Destacou tamén o tenente alcalde do BNG que esta mellora fai definitivo o traslado do mercardillo á Alameda de Gois, o que traerá para este melloras tanto en accesibilidade como en limpeza.

O departamento de Obras do Concello de Oroso, en mans nacionalistas, iniciará ao longo desta semana máis de 20 de obras de infraestruturas nas distintas parroquias cun importe superior a los 300.000 euros.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]