O 26 de novembro o estudantado galego está chamado a parar as aulas pola defensa do ensino en galego

Oroso, 10 de novembro de 2008. O día 5 de novembro de 2008 tivo lugar a presentación pública desta mobilización convocada pola Mocidade pola Normalización Lingüística e apoiada por Galiza Nova e os Comités, cando o estudantado galego está chamado a parar as aulas pola defensa do ensino en galego.

Galiza Nova

A nosa organización leva xa 20 anos loitando polo dereito da mocidade do noso país a recibir un ensino en galego e nese senso entendemos tal e como declarou na rolda de imprensa a Secretaria Xeral “ que o apoio á convocatoria de folga constitúe un acto de coherencia, no que se debe implicar o conxunto da militancia”.

É fundamental que o vindeiro 26 de novembro o estudantado galego manifeste de xeito firme o seu rexeitamento aos graves incumprimentos que se están a producir do decreto 124/2007 de galeguización do ensino e a impasividade da Consellaría de Educación, así como os continuos ataques que se están a producir contra a nosa lingua por parte de sectores reaccionarios.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]