Comunicado de Prensa da ANPA "A Nosa Escola"
O CEIP Sigüeiro continúa sen ver cubertas as súas necesidades reais de profesorado.
Os pais e nais do CEIP Sigüeiro queren mostrar, ao través deste comunicado de prensa, o malestar que teñen debido á falta de profesorado do devandito centro. Asemade queren deixar patente que dende a Consellaría de Educación se están a estabelecer irresponsábeis recortes en educación que non están para nada xustificados nun Concello como Oroso no que a taxa de natalidade aumenta ano tras ano.
Despois da entrevista mantida por pais e nais deste colexio xunto con parte do equipo directivo co Delegado de Educación da Provincia da Coruña saímos con dúas cousas claras:
1..A convicción de que a administración desviaba a súa responsabilidade sobre os equipos directivos, culpándoos de non saber optimizar adecuadamente os recursos persoais do centro.
2..Non se cubrirían as dúas vacantes, xa que, en palabras do delegado, non tiña presuposto para máis profesorado.
A nosa sorpresa é maiúscula cando atopamos (consultando a lista de vacantes pendentes de cubrir da propia Consellaría de Educación) que nalgún centro que, coma nós, protestaba pola falla de profesorado si se cobren (aínda que dunha maneira raquítica) esas necesidades.
Polo anteriormente exposto a ANPA “A Nosa Escola” esixe que se dote polo menos unha das prazas que pertencen a este centro e que non foron cubertas.
Para rematar e acabar con malos entendidos e opinións diversas vertidas incluso por políticos locais, recordar que as prazas que esiximos, non podían ser solicitadas polo anterior equipo directivo nin polo actual xa que eran prazas que por lei tiñan que ser cubertas, unha excedencia por incompatibilidade e unha xubilación.
Dende a Consellaría de Educación se están a estabelecer irresponsábeis recortes en educaciónANPA "A Nosa Escola"
A administración desvia a súa responsabilidade sobre os equipos directivosOroso, 16 de outubro de 2008.