O BNG de Oroso remata o proceso Asamblear coa Elección de novo Consello Local.

Oroso, martes 28 de febreiro.  Onte, luns 27 de febreiro, o BNG de Oroso elixiu o novo consello local da organzación, o novo Consello Local, une a experiencia que aporta a continuidade do Concelleiro do BNG Xosé Manuel Pérez Penas e de Marga Mejuto Canabal, a que durante moito tempo foi responsábel local do BNG de Oroso coa nova entrada como Vice-responsábel Local de Carlos Marcote Suárez.

Diego Boquete. Responsábel Local e Portavoz

Como responsábel local continúa Diego Boquete Sánchez, que non dubidou en agradecer a afiliación do BNG de Oroso, que volvan depositar a súa confianza nel, prometendo traballar na defensa da clase traballadora galega, nun momento onde é máis necesario ca nunca que as forzas de esquerdas se involucren nesta defensa, nomeadamente isto vaise ver no apoio que o BNG de Oroso fai á convocatoria de Folga Xeral para o 29 de marzo por parte da CIG.

Tampouco esqueceu recordar que o BNG de Oroso sempre estará defendendo a nosa lingua e cultura animando á veciñanza de Oroso a participar activamente nesta defensa, e por que non, na súa produción, para o que xa está traballando no que será o cerne dunha asociación de ámbito cultural e deportivo no Concello de Oroso.

Rematou anunciando o que será a primeira medida do novo mandato: reunir ás ANPAS, Asociacións de Veciñas e Veciños, partidos políticos... para analizar a situación educativa do noso Concello e tomar as medias oportunas de cara á realización do novo CEIP, mantenemento do CRA de Oroso e estudar posibilidade de instaurar o Bacharelato no IES de Oroso agora que todo anuncia que cuarto da ESO vai “desaparecer”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]