O BNG de Oroso denuncia a situación de abandono que sofre a Urbanización Porto Avieira
Oroso, 21 novembro 2011. O BNG de Oroso recórdalle ao Alcade de Oroso as súas promesas electorais, entre as que citamos:
Facer un cerre no parque infantil.
Mellorar o firme e o asfaltado dos viais de acceso a Porto Avieira.
Acondicionar e asfaltar a pista de deportes.
Reforzar o alumeado na primeira entrada da urbanización.
Colocar outra marquesiña na parada do bus.
Pintar e mellorar a sinalización viaria na urbanización.
As promesas electorais hai que cumprilasO BNG de Oroso esíxelle ao Concello que de inmediato realice, a parte de cumprir as súas promesas, as seguintes accións para que a veciñanza desta Urbanización de Oroso poida vivir nunhas condicións aceptábeis:
Amañar as beirarrúas, nomeadamente as da mazá 4.
Colocar iluminación na rúa dende a estrada da Grabanxa ata a entrada da urbanización.
Colocar beirarrúas dende esa mesma estrada ata a urbanización.
Colocar algunha fonte de auga no parque infantil.
Limpar o parque infantil, na actualidade semella un “reservado” para cans, dado o alto número de excrementos caninos que alí atopan as veciñas e veciños.
Resituar a parada de autobús, pois agora está diante de varios garaxes, coa situación de risco que isto conleva.