O BNG do Porriño renova a súa dirección local

Manuel Sánchez Díaz, elixido novo responsábel local do Bloque Nacionalista Galego no Porriño

Manuel Sánchez Díaz, elixido novo responsábel local do Bloque Nacionalista Galego no PorriñoO BNG ven de escoller, dentro do proceso de renovación dos seus órganos de dirección iniciado coa celebración da súa XIII Asemblea Nacional, o seu novo Consello Local no Porriño, máximo órgano de dirección da fronte nacionalista na localidade.

O proceso de renovación da dirección saínte, encabezada por Pedro Pereira Fernández, recentemente nomeado novo responsábel comarcal  do BNG no Condado, foi un proceso aberto ao conxunto da militancia que deu como resultado a presentación dunha única  lista composta por persoas que representan a pluralidade do BNG no Porriño. A lista, encabezada por Manuel Sánchez Díaz, elixido novo responsábel local da organización, contou co respaldo do 86 % da militancia, non tendo votos en contra. O novo Consello Local formará unha equipa forte e compacta, mistura de experiencia e mocidade, e con ganas de traballar e recoller o legado da acción organizativa e institucional acumulada polo BNG para proxectala e enriquecela no futuro.

O BNG segue a ser a ferramenta necesaria para facer fronte ás políticas de recortes dunha dereita cada vez máis reaccionaria e centralista, que está a derrubar os máis básicos dereitos sociais laborais e identitarios do pobo galegoA nova dirección local estará formada por Manuel Sánchez Díaz, Obdulia Diniz Carlos, Laura Iglesias Freiría. Gustavo Domínguez Lemos, Patricia Pampillón Vila, Aurora Rivas Sío e Marcelo Rodríguez Acosta. Como suplentes figuran Miriam Martínez Troncoso, Pedro Pereira Fernández, responsábel local saínte e José López Davila .

O Consello Local formará unha equipa forte e compacta, mistura de experiencia e mocidade, con ganas de traballar e recoller o legado da acción organizativa e institucional acumulada polo BNG para proxectala e enriquecela no futuro.A nova dirección acredita na utilidade do BNG para a sociedade. O BNG segue a ser a ferramenta necesaria para facer fronte ás políticas de recortes dunha dereita cada vez máis reaccionaria e centralista, que está a derrubar os máis básicos dereitos sociais laborais e identitarios do pobo galego. O BNG representa a auténtica alternativa ao goberno do Partido Popular no Porriño, un goberno carente de iniciativas que ten paralizadas as inversión no concello , que actúa con sumisión ao goberno de Núñez Feijoo , que  a día de hoxe non presentou os orzamentos municipais e que segue coa práctica de contratación de obras e servizos saltándose a lei de contratos do sector público. Un goberno de maioría  con prácticas antidemocráticas e onde non todos os veciños e veciñas teñen os mesmos dereitos e oportunidades a hora de acceder a un posto de traballo.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]