Solicitude de pleno extraordnario para tratar varias mocións
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, ao amparo do disposto no art. 46. 2 da LBRL e motivado pola no inclusión na orde do día do pleno o ordinario do mes de outubro das mocións presentadas polos grupos municipais do Bloque Nacionalista Galego e PsdeG-PSOE como está recollido no regulamento de funcionamento de pleno do concello do Porriño, solicita do Alcalde Presidente do concello do Porriño a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar os asuntos que se relacionan abaixo como orde do día, asemade solicita tamén as convocatorias das comisións informativas que correspondan polos asuntos a tratar.
Orde do día:
1º)Moción que presenta o grupo municipal do BNG para a elaboración dun Plan de Medidas sobre emprego e formación no concello do Porriño.
2º)Moción que presenta o grupo municipal do BNG sobre a elaboración dun informe xurídico urbanístico no ámbito urbano da rúa Doctor Paz Varela e a súa confluencia coa rúa Antonio Palacios.
3º)Moción que presenta o grupo municipal do BNG sobre a creación de Comisión de Seguimento da modificación do PXOM.
4º)Moción que presenta o grupo municipal do BNG sobre o banco de alimentos.
5º)Moción que presenta o grupo municipal do BNG contra a actitude do Alcalde-Presidente no pleno do pasado mes de agosto de 2011.
6º)Moción que presenta o grupo municipal do BNG sobre ocupación camiño nas Cachadas en Chan (Budiño).
7º)Moción que presenta o grupo municipal do BNG sobre os recortes do plan concertado da Xunta de Galiza.
8º)Moción que presenta o grupo municipal do PsdeG-PSOE solicitando líña de subvencións para adquisición de libros escolares.
9º)Moción que presenta o grupo municipal do PsdeG-PSOE sobre a adquisición dunha barredora no Concello do Porriño.
10º)Moción que presenta o grupo municipal do PsdeG-PSOE sobre o centro de saúde do Porriño.