O Grupo Municipal do BNG solicita no rexistro do Concello do Porriño a convocatoria dun pleno extraordinario
O Grupo Municipal do BNG, ao amparo do artigo 46.2 da Lei de Bases de Réxime Local, solicita do Alcalde Presidente do Concello do Porriño a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar os seguintes asuntos:
1º- Comparecencia ante o Pleno, do concelleiro delegado de Emprego
2º- Moción sobre a retirada do canon da auga recollido no proxecto de lei de Augas de Galicia
3º- Moción sobre os estatutos do consorcio para o saneamento do río Louro
4º- Moción sobre o cumprimento dos horarios da empresa Cota Siete, concesionaria do aparcamento de Avenida de Galicia
5º- Moción en prol de garantir os investimentos no ensino público
6º- Moción en defensa do mantemento do servizo do noitebús
7º- Moción sobre a utilización dos locais municipais polos partidos políticos e colectivos sociais
8º- Moción na defensa da sanidade pública
9º- Moción sobre a situación da Escola Municipal de Música
10º- Moción sobre as avarías na rede de abastecemento no termo municipal de Mos
Pódese descargar abaixo o escrito completo presentado polo grupo municipal do BNG