Manifesto do BNG ante a prohibición por parte de Nelson Santos do uso da Casa da Cultura para a celebración dun acto informativo

Facemos hoxe un chamamento á cidadanía en xeral que vai máis alá das opcións políticas e o sentido de voto de cada quen. Un chamamento a quen defendemos a democracia e as libertades públicas como regras de xogo básicas de relación entre as persoas:


- Hai un mes o BNG solicitou no rexistro do Concello utilizar o salón da Casa da Cultura do Porriño para un acto informativo aberto á cidadanía no que daríamos conta do traballo realizado polo noso grupo nos anos que estivemos no goberno e as liñas básicas de traballo que desenvolvemos na oposición. O día anterior do acto, un mes despois de facer a solicitude, o alcalde nos envía un escrito no que denega o uso do local.


- O alcalde non quere que haxa charlas informativas porque non cree na democracia e ten medo á libertade de expresión e ao dereito a ser informado que ten o vecindario. O alcalde ataca o dereito á libertade de expresión do BNG e tamén o dereito á información do vecindario.


- O alcalde confunde o público e o privado. O Centro Cultural debe estar ao servizo da cidadanía, como viña sendo até agora. A Casa da Cultura non é propiedade do alcalde. Estamos pois diante dun alcalde que renega dos máis básicos principios democráticos. Un alcalde autoritario e antidemocrático.


- Chamamos ao vecindario a reaccionar e impedir estas prácticas autoritarias e antidemocráticas denunciándoas cando se produzan porque seguro que somos moitos e moitas máis quen estamos polas regras de xogo democráticas que quen están pola política de “eu mando e ordeo e os demáis obedecen e calan”.





Descarga máis abaixo o manifesto completo do BNG

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Manifesto completo (pdf)