"A Patronal está feliz e contenta con esta reforma. Mesmo hai consultorías que organizan seminarios para instruír aos empresarios sobre como despedir máis barato"
"O PP ten que explicarnos cantos postos de traballo se van destruír en 2012 grazas a unha reforma laboral que facilita extraordinariamente os despedimentos"
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou esta tarde nun acto sobre a reforma laboral en Ponteareas, no que tamén interviron o responsábel comarcal do BNG, Pedro Pereira , e o secretario comarcal da CIG, Serafín Otero
Numerosos veciños asisten ao acto do BNG sobre a seca dos piñeiros
Os acto informativo que o BNG realizou o pasado venres sobre a enfermidade da “seca dos piñeiros”, contou cunha numera asistencia que encheu o salón de actos da Casa Cultural de Leirado, segundo informa o Responsábel-Portavoz do BNG na Comarca, Pedro Pereira. O acto foi moi participativo, os propietarios dos montes afectados pola praga do nematodo interviron para deixar patente a súa indignación coa actuación da Xunta, especialmente pola recente carta recibida na que obriga aos veciños a destruír os árbores secos e debilitados antes do 1 de abril.
Os nacionalistas denunciaron a irresponsabilidade da Xunta na xestión desta praga que, “a día de hoxe, 15 meses despois da súa declaración, aínda non conta cun plan de actuación claro e coñecido por todos os afectados para a erradicación da praga”, afirmou o Henrique Vieitez, Deputado do BNG no Parlamento Galego.
O acto contou coa participación do Responsábel Comarcal do BNG, Pedro Pereira, do portavoz do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, do concelleiro en As Neves, Oscar González, e do Portavoz do BNG en Ponteareas, Xosé Represas. Estes tildaron de “comparsas” aos alcaldes das respetivas localidades por avalar esta actuación da Xunta, contraria aos intereses dos veciños e veciñas dos seus concellos, “en lugar de actuar como alcaldes están ao servizo do que diga Feijoo e o Partido Popular”, afirmaron.
O BNG leva ao Parlamento Galego a xestión da praga e solicitan explicacións sobre o destino dos 7 millóns de euros empregados
O BNG acusa a Xunta de abandonar aos veciños afectados pola praga do nematodo dos piñeiros e de renegar das súas obrigas asumidas publicamente
O BNG saíu ao paso das recentes declaracións do delegado territorial de la Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, así como dos alcaldes de As Neves, Salvaterra e Ponteareas, sobre a praga do nematodo dos piñeiros e acusou a Xunta de Galiza de abandonar aos veciños das 24 parroquias afectadas por esta praga, no radio de 5 Km. arredor do foco detectado entre Taboexa e Leirado.
O BNG no Condado denuncia a irresponsabilidade da Xunta e dos alcaldes na xestión desta praga, especialmente nesta nova fase para tratar os piñeiros afectados, “a Xunta lávase as mans e descarga todas as actuacións nos propietarios, tanto particulares como comunidades de montes, para a retirada e eliminación das árbores danadas. O Delegado da Xunta e os alcaldes de As Neves, Salvaterra e Ponteareas, deixan tirados aos veciños e só se preocupan de facerse a foto” denuncian dende a organización comarcal do BNG.
Os nacionalistas presentan alegacións ao proxecto que promove Puentengasa SL incompatible coa valorización dunha área que agocha valores excepcionais.
O BNG de Mondariz ven de elaborar unha alegación fronte ao proxecto de instalación dun novo parque eólico na comarca, o denominado Coto de Eiras II, que se pretende asentar nos cumes do Monte Maior en territorio pertencente ás parroquias de Gargamala e Sabaxáns do concello de Mondariz e ás de Traspielas e Ventín do de Fornelos de Montes.
A alegación que xa foi asinada e presentada polo portavoz municipal nacionalista, Xosé Emilio Barros Bello, pónse agora a disposición de toda a veciñanza de Mondariz e do resto de Galiza co obxectivo de conseguir a masa crítica suficiente, para que a Xunta reconsidere outorgar a autorización administrativa para esta instalación, que afecta a un espazo natural integrado na serra do Suído de especial valor, representativo do ecositema propio da media montaña da provincia de Pontevedra. [...]