Os veciños inician a recollida de sinaturas para solicitar a actuación da Xunta na erradicación a praga

Os veciños inician a recollida de sinaturas para solicitar a actuación da Xunta na erradicación a praga

Numerosos veciños asisten ao acto do BNG sobre a seca dos piñeirosNumerosos veciños asisten ao acto do BNG sobre a seca dos piñeiros

Os acto informativo que o BNG realizou o pasado venres sobre a enfermidade da “seca dos piñeiros”, contou cunha numera asistencia que encheu o salón de actos da Casa Cultural de Leirado, segundo informa o Responsábel-Portavoz do BNG na Comarca, Pedro Pereira. O acto foi moi participativo, os propietarios dos montes afectados pola praga do nematodo interviron para deixar patente a súa indignación coa actuación da Xunta, especialmente pola recente carta recibida na que obriga aos veciños a destruír os árbores secos e debilitados antes do 1 de abril.

os propietarios dos montes afectados pola praga do nematodo interviron para deixar patente a súa indignación coa actuación da XuntaOs nacionalistas denunciaron a irresponsabilidade da Xunta na xestión desta praga que, “a día de hoxe, 15 meses despois da súa declaración, aínda non conta cun plan de actuación claro e coñecido por todos os afectados para a erradicación da praga”, afirmou o Henrique Vieitez, Deputado do BNG no Parlamento Galego.
 
O acto contou coa participación do Responsábel Comarcal do BNG, Pedro Pereira, do portavoz do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, do concelleiro en As Neves, Oscar González, e do Portavoz do BNG en Ponteareas, Xosé Represas. Estes tildaron de “comparsas” aos alcaldes das respetivas localidades por avalar esta actuación da Xunta, contraria aos intereses dos veciños e veciñas dos seus concellos, “en lugar de actuar como alcaldes están ao servizo do que diga Feijoo e o Partido Popular”, afirmaron.

O BNG denunciaron a irresponsabilidade da Xunta na xestión desta praga “A situación é moi grave e a Xunta quere que os veciños fagamos en 15 días o que eles non fixeron en 6 meses”, manifestou un dos asistentes afectados e que acababa de recibir a carta na que a administración forestal da Xunta lle ameaza con sancións.

Os veciños inician a recollida de sinaturas para solicitar a actuación da Xunta na erradicación a praga
Da reunión saíu a decisión de iniciar unha recollida de sinaturas nas parroquias máis afectadas pola “seca dos piñeiros”, solicitando que a Xunta de Galiza acometa as actuacións de prevención e eliminación dos piñeiros que poden estender a praga para unha actuación eficaz que permita a súa erradicación no prazo de 3 anos.

Os veciños afectados tamén coincidiron coa proposta do BNG, presentada nos concellos da comarca, para que as Corporacións Municipais se pronuncien e demanden o establecemento de indemnizacións aos propietarios afectados pola praga do nematodo, en base a lei de sanidade vexetal.
 
Os asistentes e os portavoces do BNG dos concellos de Salvaterra, As Neves e Ponteareas, presentes no acto, animaron  a todos os veciños e veciñas da comarca a apoiar esta reclamación. 


Acompañase foto do acto co Deputado Henrique Vieitez e os portavoces do BNG en Salvaterra e Ponteareas e o concelleiro do BNG en As Neves, Oscar González

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]