Pedro Pereira elixido novo responsable-portavoz comarcal do BNG do Condado-Paradanta e Louriña
Pedro Pereira elixido novo responsable-portavoz comarcal do BNG do Condado-Paradanta e Louriña co respaldo do 92% da asemblea.
Pedro Pereira elixido novo responsable-portavoz comarcal do BNG do Condado-Paradanta e Louriña co respaldo do 92% da asemblea.O BNG do Condado rematou nesta pasada noite o proceso de elección de nova dirección comarcal.
A nova dirección márcase como prioridade, a acción social, propiciando que o BNG sexa unha forza útil nun escenario actual, marcado por tremendos recortes nos dereitos sociais, nos servizos básicos e de precariedade no emprego.Dende un primeiro momento, no proceso de remuda da dirección comarcal a dirección saínte encabezada por Francisco Chivite, quixo propiciar un clima favorable a integración de todo o BNG nunha única candidatura que asumise tres principios básicos:
Afán por construír BNG independentemente da posición interna de cada quén.
Respectar o traballo das compañeiras e compañeiros.
Desenvolver a actividade política dende unha perspectiva ética
Propiciáronse conversas internas nas que se ofreceu a integración a quen acreditase neses postulados mínimos. A oferta incluíu ás representantes da corrente Mais Galiza, que rexeitou participar na lista única que se pretendía, mais comprometeuse a propiciar un bó clima para o desenvolvemento deste proceso, e finalmente optou por non presentar candidatura propia.
Así o proceso culminou coa presentación dunha única lista denominada “Lista de Integración”, e que encabezada por Pedro Pereira e pechada por Francisco Chivite, incluíu a persoas representativas da pluralidade do BNG no Condado.
A asemblea celebrada a pasada noite, resultou ser a mais concorrida dos últimos anos e rematou cunha votación en urna que deu un respaldo casi completo á lista de integración: 91% votos a favor, 8% votos en branco, 1% votos en contra.
O BNG do Condado quere destacar a normalidade deste proceso interno que deu como resultado unha nova dirección disposta a continuar construíndo sobre o traballo xa realizado e que ten situado ao BNG cun 25% das/os concelleiras/os electos nos concellos da Comarca do Condado como segunda forza e auténtica alternativa ao PP.
O novo consello comarcal quedou conformado polas seguintes persoas:
PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ, OSCAR GONZÁLEZ ÁLVAREZ, ALICIA LORENZO FARO, LAURA IGLESIAS FREIRÍA, e XOSÉ REPRESAS GIRÁLDEZ, que conforman a nova executiva. Completan o consello comarcal : OBDULIA DINÍZ CARLOS, HUGO DOMÍNGUEZ GROBA, SHANTAL RODRIGUEZ FLORES, XOSÉ MANUEL SUAREZ ESTEVEZ, ROSANA RODRIGUEZ AVALLE, PATRICIA RODRIGUEZ MARIÑO, ODILO ÁLVAREZ ALONSO.
A nova dirección comarcal é paritaria a nivel de xénero, e combina a expereincia acumulada no exercicio de cargos institucionais e orgánicos coa frescura que aporta a presencia da mocidade.
A nova dirección márcase como prioridade, a acción social, propiciando que o BNG sexa unha forza útil nun escenario actual, marcado por tremendos recortes nos dereitos sociais, nos servizos básicos e de precariedade no emprego.
A nova dirección, acredita na utilidade do BNG para a sociedade, pensa que o BNG debe ter un papel determinante no futuro, e que nel hai sitio para traballar todas as persoas que actualmente a integran ou queiran facerlo no futuro, tanto para o desenvolvemento da acción institucional dende os gobernos ou dende a oposición, como no traballo interno organizativo.